Obituario

Falece aos 54 anos o actor Matthew Perry, Chandler Bing en 'Friends'

Perry foi achado no jacuzzi da súa vivenda, onde supostamente afogou. A Policía investiga agora as causas da morte.
Matthew Perry interpretando Chandler Bing en 'Friends'. (Foto: NBC)
photo_camera Matthew Perry interpretando Chandler Bing en 'Friends'. (Foto: NBC)

O actor estadounidense Matthew Perry (Williamstown, 19 de agosto de 1969 - Os Ánxeles, 28 de octubre de 2023), coñecido en todo o mundo por dar vida ao cómico personaxe de Chandler Bing na serie de televisión Friends, foi atopado morto este sábado na súa casa en L.A. (California, Estados Unidos), onde aparentemente afogou no jacuzzi, segundo informou o medio TMZ.

As autoridades policiais investigan agora as causas da morte do popular actor. Perry, de 54 anos, foi achado arredor das 16.10 horas (hora local) deste sábado. Diferentes medios afirman que non se acharon indicios de morte violenta nin de consumo de drogas ou outras substancias.

"O impacto do seu enxeño cómico sentiuse en todo o mundo e o seu legado vivirá nos corazóns de moitas persoas. Este é un día desgarrador e enviamos o noso amor á súa familia, aos seus seres queridos e a todos os seus devotos fans", trasladaron desde a produtora Warner Bros.

Matthew Perry, para calquera fan de Friends o cómico Chandler, apareceu tamén noutras exitosas series e programas como Boys Will Be Boys, Growing Pains, Silver Spoons, Charles in Charge, Sydney, Home Free, Ally McBeal ou The West Wing, entre outros.

Pero Perry non só soubo conquistar a pequena pantalla, pois destacou tamén polas súas interpretacións en longametraxes como Fools Rush InThe Whole Nine Yards, Three to Tango, The Kid, 17 Again ou Getting In.

Comentarios