sancións

Protesta do persoal da biblioteca municipal en María Pita. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O Concello da Coruña sanciona a empresa xestora das bibliotecas municipais por impagamentos

O persoal, que recibiu o apoio das forzas da oposición na súa concentración en María Pita, está pendente de cobrar a paga extra de xuño e pide garantías de que non se producirán máis impagamentos reiterados. A alcaldesa, Inés Rei, non desbota rescindir o contrato.
Obras de construción dunha promoción de vivendas. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

25 anos amañando licitacións públicas: así era o 'modus operandi' destas seis construtoras sancionadas por Competencia

As multas económicas impostas superan os 200 millóns de euros, e as compañías denunciadas, entre elas FCC, unha das executoras do viaduto caído da A-6, non poderán obter máis contratos coa Administración.
As plantacións ilegais de eucalipto provocaron centos de expedientes sancionadores ao longo destes meses. (Foto: The Navigator)
SOCIAL

Duplícanse as sancións por plantacións ilegais desde a moratoria ao eucalipto

Por volta de 900 multas impostas nos 10 meses seguintes ao veto.
Fontes da OPEP sinalaron que non incrementarán a oferta de petróleo. (Foto: Mohssen Assanimoghaddam / dpa)
INTERNACIONAL

A división dos Estados da UE impide o embargo do petróleo ruso

Hungría, Eslovaquia e outros Estados, sinalan fontes diplomáticas, piden un trato diferenciado. Fontes da OPEP indican que os países exportadores non farán máis esforzos para axudar Occidente.
A presidenta da Comisión da UE, Ursula von der Leyen, explicou as medidas das novas sancións. (Foto: Philipp von Ditfurth / dpa)
INTERNACIONAL

Bruxelas negocia novas sancións a Rusia mentres o euro segue a perder valor

A presidenta da Comisión da UE, Ursula von der Leyen, presentou o seu proxecto dun novo paquete de sancións contra Rusia, o sexto desde o inicio da invasión a Ucraína. Os Estados membros negocian para sacalo adiante sen consenso polo de agora. O euro sofre unha intensa caída desde que comezaron estes paquetes de sancións.
Mentres sectores alemáns piden distensión con Rusia, o chanceler, Olaf Scholz, é premido na súa coalición para apoiar máis Ucraína. (Foto: Michael Kappeler / dpa)
INTERNACIONAL

O chanceler alemán reafirma a negativa ao envío de armamento pesado a Ucraína

O chanceler de Alemaña, Olaf Scholz, defendeu a súa decisión de non enviar armas pesadas a Ucraína, alegando que fará "todo o posíbel para evitar unha escalada que conduza a unha terceira guerra mundial", despois das críticas recibidas a nivel nacional e internacional. A discusión sobre o aumento das sancións a Rusia e do envío de armamento a Ucraína están xerando friccións tanto no Goberno alemán como na sociedade deste país. O Executivo advirte das importantes consecuencias que tería un fechamento do gas ruso.
Despois de situarse en mínimos históricos, o rublo chegou na pasada sexta feira a cotizar por debaixo dos 72 por cada dólar. Foto: Vlad Karkov / Sopa Images via Zuma / Dpa)
INTERNACIONAL

O rublo ruso revalorízase a respecto do comezo da invasión a Ucraína

O rublo, que sube a súa cotización con respecto ao comezo da guerra entre Rusia e Ucraína, consegue superar as sancións impostas por terceiros países.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG urxe o Goberno a garantía dos dereitos lingüísticos na Galiza

A formación nacionalista denuncia a vulneración do dereito a ser atendido en galego nun centro de saúde da sanidade pública da Galiza que rematou cunha proposta de sanción para a persoa que fixo a solicitude.

Momento de xogo durante o encontro entre o Celta B e o Deportivo o pasado 27 de marzo. (Foto: RC Deportivo da Coruña).
DEPORTES

Un cento de persoas, propostas para sanción polos altercados entre seareiros do Celta B e o Deportivo

O Xuíz Único de Competición sanciona o club vigués cunha multa económica que pode chegar aos 3.006 euros. O Celta B poderá xogar en Balaídos o seu próximo partido como local. 
O presidente dos EUA, Joe Biden, asinando o primeiro paquete de sancións contra Rusia, o pasado 21 de febreiro (Foto: Adam Schultz / Casa Branca).
INTERNACIONAL

Estas son as novas sancións a Rusia: "O mundo libre únese para loitar contra Putin", di Biden

Os EUA prohíben a importación dunha serie de produtos rusos, desde cereais até diamantes, e os países do G7 estudan acordar que a Federación Rusa non poida obter financiamento de organismos como o FMI ou o Banco Mundial.
Encoro de Cenza durante o pasado verán, cando se situaba en niveis semellantes á actualidade. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
POLÍTICA

A Xunta multa con 200.000 euros a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Naturgy e Iberdrola polo baleirado dos encoros

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, advirte que a sanción pode alcanzar os dous millóns se a fauna e a flora se ven afectadas de gravidade.

A doutora Fátima Nercellas, nunha imaxe da campaña de apoio (Foto: Carmen SP).
SOCIAL

17 días de suspensión por mover dous pacientes dos corredores de Urxencias

O Sergas propón unha sanción de 17 días de suspensión de funcións para a doutora Fátima Nercellas.
Imaxe dunha zona do río Barbaña. (Foto: Amigos da Terra)
SOCIAL

O Concello de San Cibrao das Viñas terá que pagar un millón de euros por verteduras ao Barbaña

Transcende que o Goberno español impuxo unha multa ao Consistorio polas augas contaminantes que chegaron a este río, xa moi castigado ao longo dos anos.
A ministra Nadia Calviño (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
ECONOMÍA

Nadia Calviño descarta unha eléctrica pública e anuncia medidas legais polo baleirado de encoros

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos e para a Transformación Dixital asegura que os prezos actuais da enerxía no mercado almacenista prevíanse para 2030 non para agora.
Acto simbólico levado a cabo polo BNG no encoro de Cenza.
POLÍTICA

O BNG reclama sancións para as eléctricas por baleirar os encoros

Noa Presas reclama no encoro de Cinza sancións para as compañías eléctricas por baleirar os encoros, ao tempo que pide as Administracións que interveñan para forzalas a encherlos novamente 
EuropaPress_3054956_obras_autovia_a-381
ECONOMÍA

Copasa, sacionada xunto a outras construtoras por "alterar" licitacións de Fomento

Competencia sanciona con 61,3 millóns de euros á galega Copasa e a outras construtoras por formar un cartel para alterar licitacións de Fomento para o mantemento de estradas.

 

Acto de homenaxe a Franco e a Primo de Rivera. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Euskadi sancionará o enaltecemento do franquismo

O proxecto de Lei da memoria fixa multas pola destrución de foxas comúns.
Javier Castrillo comparece ante os medios durante a manifestación de apoio que recibiu a pasada segunda feira en Verín (Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

O Sergas sanciona o xinecólogo que exemplificou a oposición ao peche do paritorio de Verín

Con dous días de suspensión de emprego e soldo.

Control da Garda Civil con motivo das restricións. (Foto: Garda Civil / Europa Press)
SOCIAL

Máis de 67.000 comportamentos sancionábeis durante os dous estados de alarma na Galiza

As forzas de seguridade tramitaron 67.198 propostas de multa no país nos dous períodos nos que se estabeleceu esa ferramenta de control: do 14 de marzo ao 20 de xuño de 2020 e do 26 de outubro de 2020 ao 24 de marzo de 2021.

Porta de acceso a un centro sanitario de Atención Primaria (Foto: Europa Press)
star
Galiza atópase á cola a nivel estatal

A aposta orzamentaria da Xunta pola Atención Primaria fica en mínimos

O investimento que dedica a Xunta da Galiza á Atención Primaria sitúase en 182,3 euros por habitante. No conxunto do Estado, o diñeiro destinado a sufragar os servizos sanitarios non hospitalarios e especializados representa o 14,2% do gasto total en saúde, mentres que na Galiza esa cifra colócase en 11,9%. O Goberno galego só supera na dedicación de fondos en Atención Primaria o Executivo madrileño e o das Illes Balears, ficando moi lonxe dos territorios de cabeza, como Estremadura ou Castela-A Mancha.