Carlos Núñez e Caldo súmanse ao Festival Intercéltico de Lorient

Carlos Núñez presentará no encontro Bretón o seu último disco Celtic Sea.
Carlos Núñez tocará en Lorient.
photo_camera Carlos Núñez tocará en Lorient.

A Asociación Cultural Rebulir de Ramirás (Terra de Celanova) é o grupo seleccionado para representar Galiza no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña) 2024. Mais a embaixada galega no festival inclúes outras presenzas, algunhas delas ben coñecidas polas persoas asiduas.

Talvez o que conte con maior sona sexa Carlos Núñez, que presentará no encontro Bretón o seu último disco Celtic Sea. Ademais, o grupo Caldo, na primeira liña das novas bandas que cultivan a música tradicional cunha perspectiva contemporánea, acudirá a Lorient para presentar o seu traballo Lugar A Ponte.

No programa participa tamén a banda de gaitas Arume de Malvas, de Tui e, como xa é habitual, pasarán polo escenario algúns dos instrumentistas con máis futuro na gaita, como  Manu Seoane, María López e Pablo Seoane.

Por outra parte, Laura Iglesias, que participará do Interceltique Music Camp durante o festival, representará o gremio galego das cantareiras e pandeireteiras. O Festival Intercéltico de Lorient desenvolverase desde o 12 até o 18 de agosto, este ano baixo o lema A mocidade dos países celtas.

Comentarios