Fernández López: o mecenas que vendía carne ao Exército franquista
'Gravadas na memoria' recupera as voces das persoas represaliadas
Dez proxectos de divulgación feminista da memoria local, premiados co Luísa Villalta
As candeas de Murguía
Abrámoslle a fiestra a Alejandra Murguía
A imaxe do país difundida por Ksado
Memoria da Mariña lembrou en Mondoñedo as vítimas do franquismo
'Ciudad de la Selva'. A guerrilla antifranquista chega á gran pantalla
Historia dunha melodía
Avance do álbum 'Adiante. A palabra de Xosé Velo', con música de Sindo Otero
O Comité de Memoria Histórica de Celanova e a Fundación Moncho Reboiras están a traballar na recuperación da obra do poeta, activista e intelectual celanovés Xosé Velo, un labor que xa dá os seus primeiros froitos. Hoxe, cando fai 90 anos a publicación en Celanova do primeiro e único número de Adiante, semanario da Mocedade Galeguista, ambas as institucións publican un anticipo do disco Adiante. A palabra de Xosé Velo, no que o músico Sindo Otero recrea e musica cinco poemas do prolífico autor.
Velo fora, precisamente, un dos fundadores daquelas mocidades galeguistas e editor do semanario Adiante, que dá título tamén a un dos poemas recuperados para este álbum musical, que se está a gravar nos estudos Visué de Suevos (A Coruña), co acompañamento nas voces de Camila Álvarez e Manuel Abalo, e no piano e na produción de Nacho Varela.

Este traballo, informan desde ambas as entidades, constará de cinco pezas orixinais con letras de Xosé Velo, entre as que se inclúen dous poemas manuscritos polo propio Velo e un audio coa súa voz. O poema que titula o disco, Adiante!, escribiuno en 1932.
Sindo Otero Badás, nado en Bande en 1965, é músico de profesión e ex membro de Kérkennai, formación coa que actuou a nivel nacional e internacional. En 2020 xa presentara unha versión musicada do poema Carceleiriña, que fai parte tamén desta obra.
O franquismo que aínda pervive na Galiza
Ánxeles Cuña Bóveda. A forza imparábel do renacemento cultural
A "agra fértil" do Campo das Laudas de Cerdedo lembra a figura de Xosé Cortizo
Pardo de Cela na historia e na lenda
A galaicofobia en tempos de Pardo de Cela
O galego en tempos de doma e castración
Prófugas e apóstatas
Cunhas orixes que se remontan á Alta Idade Media, os mosteiros femininos bieitos -que asumiran a Regra moi entrado o século XII- chegaban ás portas do Renacemento revestidos de románico, con sólidos patrimonios monásticos, poderosos abadengos femininos - con dereitos patrimoniais sobre igrexas e mosteiros, e o que é máis, sobre a terra- e convertidos, moitos deles, en grandes factorías cun importante poder económico.