Eira da Xoana homenaxea os fuxidos e represaliados tras o golpe do 36

Adega e a Fundación Eira participaron este sábado na homenaxe ás vítimas da represión que desde hai varios anos ten lugar nas comarcas da Ulloa e Terras de Melide.
_MG_8664
photo_camera _MG_8664

A xornada comezou pouco antes do mediodía cun encontro no Coto, no linde entre as dúas bisbarras, punto de partida cara ao monólito de Saa, na volta de Ludeiro (Palas de Rei); lugar, a beira da estrada N-547, onde apareceron os corpos sen vida de Sixto Aguirre García e Camilo Díaz Baliño.

A Comisión da Memoria de Palas, Toques e Melide iniciou nese punto un percorrido de recoñecemento e tributo ás persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da "longa noite de pedra".

Saa

Sixto Aguirre, estudante de medicina e afiliado a Esquerda Republicana foi "paseado" canda Díaz Baliño, membro das Irmandades da Fala e militante do Partido Galeguista, asasinado en Palas de rei o 14 de agosto de 1936.

Desde Saa, o paseo da memoria continuou cara a Vilouriz, Toques, de onde era natural o ebanista, sindicalisat da CNT, Marcial Villamor Varela, detido en Lugo e asasinado en guntín en 1937 cando era trasladado a Compostela.

Vilamor

Ramón Rodríguez Varela, 'Curuxás', tamén veciño de Vilouriz, foi homenaxeado en Vilamor, onde faleceu en 1967 após 31 anos de persecución franquista.

Piñeiro

A seguir, en Piñeiro, foi recordado Delfino Liñeira Fraga, directivo do Sindicato de Tranviarios da Coruña, da CNT, xulgado por rebelión militar e executado na Coruña en 1937.C

Curbián

Curbián foi o lugar escollido para rememorar a Benedicto Fuentes Díaz, mariñeiro, natural de Viveiro. Morreu o 1 de febreiro de 1947 no lugar da homenaxe durante un encontro coa Garda Civil.

Ramil

A última parada foi en Ramil, na Eira da Xoana, onde despois dun xantar de confraternidade tivo lugar no monólito da Eira un acto de recoñecemento ao alcalde republicano de Agolada Primo Castro Vila, destituído do seu cargo en agosto do 36, fuxido e finado en Brántega en 1950.

O acto serviu de homenaxe "a todas as persoas que sufriron persecución polo seu compromiso coas causas xustas" antes da intervención final de Adela Figueroa Panisse, vogal de Adega e autora do libro A quadraturta do círculo que inclúe un relato aos mestres da República que sufriron represalias e castigos.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios