historia

Benito Vicetto. (Ilustración: S. G.)
star
Reportaxes

Vicetto: bicentenario do pioneiro da Historia de Galicia

Ao observar a importancia galaica na Idade Media, acostumamos pensar que a doma e castración foi a fin da vida autónoma que tiña o noso país. Cómpre, porén, referírmonos a uns omnipresentes e necesarios matices. Botemos unha ollada ao que nos ten que dicir Benito Vicetto nas páxinas dedicadas á historia moderna e contemporánea, período que abrangue desde a instauración da Real Audiencia até a morte de Fernando VII (1480-1833).
Gravado de Vicetto tirado da revista 'La Ilustración Gallega y Asturiana', dun número de 1878 editado coincidindo coa morte do historiador.
CULTURA

Benito Vicetto será nomeado fillo predilecto da cidade de Ferrol

Ferrol acordou esta segunda feira declarar a Benito Vicetto como fillo predilecto da cidade, tras reconverter unha moción presentada polo BNG nunha declaración institucional que foi aprobada por unanimidade.

En Madrid dixitalizan mellor

Panteon Real da Catedral de Santiago.
MEMORIA E HISTORIA

A Catedral de Santiago conclúe a reordenación do espazo da Capela das Reliquias e do Panteón Real

O Panteón Real reúne unha serie de enterramentos de reis e personaxes influentes do Reino da Galiza.

O valor de coñecer o pasado

Presentación de 'Os reis e as raíñas da Galiza', este sábado en Compostela (Foto: Luis Polo).
MEMORIA E HISTORIA

GALERÍA | Así foi a presentación do volume 'Os reis e as raíñas da Galiza'

Presentación de 'Os reis e as raíñas da Galiza', este sábado en Compostela (Foto: Luis Polo).
MEMORIA E HISTORIA

'Os reis e as raíñas da Galiza': “Unha verdadeira obra de arte”

Este sábado tivo lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación, organizada pola Agrupación Cultural O Galo, do volume Os reis e as raíñas da Galiza, asinado polos investigadores Alexandre Peres Vigo, Héitor Picallo Fontes e Xosé Ramón Ermida Meilán e editado por Sermos Galiza.
O cambadés Xoán Antonio Pillado Silvoso (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Xoán Antonio Pillado (historiador): "A historia fana as masas sociais"

Mestre e historiador, o cambadés Xoán Antonio Pillado, ex dirixente do PSG e do BNG e primeiro alcalde da democracia (até 1987), vén de publicar tras 10 anos de investigacións o seu traballo 'Onomástica popular cambadesa' (Lobishome producións), un monumental tratado dos alcumes de Cambados (O Salnés).
Ataque Escampe compuxo unha canción conmemorativa. (Foto: David Silva).
CULTURA

O mundo da cultura lembra a batalla de Porto de Bois

Un roteiro guiado e até unha canción rememoran ese fito histórico
Retrato de estudo de Benito Vicetto. (Foto: Real Academia Galega)
star
Reportaxes

Vicetto, 200 aniversario da persoa que dotou a Galicia dunha historia

No ano 1865 sae do prelo da imprenta de Taxonera o primeiro volume do corpus que o autor Benito Vicetto dedica á Historia de Galicia. Agora, no bicentenario do natalicio do escritor, resulta máis que necesaria unha revisión da obra que supere as afirmacións simplificadoras coas que se ten valorado en xeral esta obra. No presente artigo, achegámonos aos tomos dedicados á Historia Antiga e Medieval por parte do devandito autor e a visión que aporta delas.
O hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Simon R. Doubleday, profesor de Historia en Nova York: "Galiza e Portugal eran centrais no século XI e Castela, periférica"

Hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday é un prestixioso profesor na Hofstra University (Nova York) que ten enfocado parte das súas investigacións na importancia do reino galego alén e aquén da península Ibérica. Agora prologa o libro 'Os Reis e as Raíñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu', que edita Sermos Galiza S.A.
A escritora, xornalista e docente Montse Dopico (Foto: Alberto Fílmate).
Contracultura

Montse Dopico: "Grazas a 'Abonda con vivir' descubrín unha Villalta moito máis activista do que sabía que fora"

Montse Dopico (A Pontenova, A Mariña, 1977) é a autora de 'Abonda con vivir' (Xerais), unha análise literaria, sociolóxica e histórica arredor da figura de Luísa Villalta a través da memoria das persoas que a coñeceron.
Xosé Enrique Acuña e Xan Carballa nunha das salas da exposición. (Foto: Sara Recondo)
star
CULTURA

O regreso dos restos de Castelao revive na cámara de Xan Carballa 40 anos despois

O Museo de Pontevedra exhibe, até o 2 de xuño, a mostra Castelao: o retorno a Galicia, 1984, con 52 fotografías tomadas polo xornalista e fotógrafo Xan Carballa o día en que regresaron á Galiza os restos do artista, escritor e político, envoltos nunha calorosa polémica. 
 
A catedral de Tui (comarca do Baixo Miño) (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O ciclo 'Ai ondas' trae de volta a música antiga á ría de Vigo

'In situ' leva a música aos espazos onde se creou.

De monxas touquinegras

Na esquerda, capa do libro 'Prófugas e apóstatas. As monxas touquinegras da Galiza'. Na parte dereita, arriba, Carolina Casal e abaixo Carme Varela.
CULTURA

O mundo era tan redondo!

A medievalista Carolina Casal e a escritora Carme Varela, autoras do libro 'Prófugas e apóstatas. As monxas touquinegras da Galiza', editado por Sermos Galiza S.A., responden nestas páxinas de 'Nós Diario' as cuestións suscitadas por César Lorenzo na súa crítica publicada na web biosbardia.org.
Benito Vicetto de novo segundo un retrato a pluma doado a RAG por Antonio Rey Escariz.
CULTURA

Benito Vicetto: o pioneiro esquecido da historiografía da Galiza

Hai obras que só o paso do tempo coloca no seu lugar. A de Benito Vicetto, monumental en cantidade e en ambición, adquire, vista desde hoxe, a condición de traballo seminal para a historiografía galega e para a recuperación dos sinais de identidade da Galiza.
Gravado de Vicetto tirado da revista 'La Ilustración Gallega y Asturiana', dun número de 1878 editado coincidindo coa morte do historiador.
star
Análise

Vicetto: o esforzo por contarmos cunha Historia de Galiza

Francisco Rodríguez é historiador e crítico literario.
polafia-manuelarey
CULTURA

As Faíscas Culturais da USC alumean a figura da actriz galega Manuela Rey

Manuela Rey, galega nada nunha parroquia de Mondoñedo, foi a grande estrela do teatro lisboeta de mediados do século XIX. Naceu en 1842 e finou aos 23 anos como primeira actriz do Teatro Dona María II.
Campamento militar localizado en Cospeito. (Foto: Romanarmy)
MEMORIA E HISTORIA

Localizan sete novos campamentos romanos na Galiza que instan a Xunta a investigar e catalogar

Os sitios arqueolóxicos teñen "a mesma morfoloxía" que outros recintos romanos no noroeste peninsular xa documentados.