O ciclo 'Ai ondas' trae de volta a música antiga á ría de Vigo

'In situ' leva a música aos espazos onde se creou.
A catedral de Tui (comarca do Baixo Miño) (Foto: Nós Diario).
photo_camera A catedral de Tui, na comarca do Baixo Miño. (Foto: Nós Diario).

Tras o Iº Ciclo de Música ANtiga "Ai Ondas" que tivo lugar en Vigo no pasado mes de novebro en Vigo, a Asociación Coro de Voces Graves de Vigo, organizadora do evento, presenta unha nova edición, máis completa e ambiciosa, que se celebrará entre marzo e xuño de 2024, co propósito de pór en valor a música vocal antiga, e darlle continuidade á súa presenza nos repertorios actuais.

O ciclo centrarase na música vocal a capella e con acompañamento instrumental, así como a realizada sobre textos bíblicos e medievais, co propósito de poñer en valor parte da historia lírico-musical na que a ría de Vigo é peza clave: Xan de Aldán, Martín Códax, Meendiño…

Os concertos terán lugar en espazos singulares de Vigo e dos seus arredores, como o convento de San Francisco en Vigo (8 de maio), a Catedral de Tui (12 de marzo), a Basílica Concatedral de Vigo (17 de marzo), o Museo do Mar da Galiza en Vigo, (23 de marzo), o Mosteiro de Santa María de Oia (24 de marzo), a igrex das Trinitarias de Vigo (11 de maio) ou a Igrexa de Santiago en Redondela (24 de xuño).

Música In situ

Ademais, os organizadores do ciclo tamén proxectan dúas excursión culturais baixo o epígrafe In situ, para executar a música nos lugares onde foi creada. A primeira será a Betanzos, Sobrado dos Monxes e Santa María de Mezonzo, para interpretar a Salve Regina, cántico do século X atribuído a San Pedro de Mezonzo (12 de maio).

Xa en xuño, nunha data sen asignar aínda, aos mosteiros de San Francisco, no Cebreiro, e ao de Samos, para interpretar o Canticum, con texto de San Francisco de Asís, así como á catedral de Lugo. 

Comentarios