As Faíscas Culturais da USC alumean a figura da actriz galega Manuela Rey

Manuela Rey, galega nada nunha parroquia de Mondoñedo, foi a grande estrela do teatro lisboeta de mediados do século XIX. Naceu en 1842 e finou aos 23 anos como primeira actriz do Teatro Dona María II.
polafia-manuelarey
photo_camera Manuela Rey.

Onte, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, acolleu a primeira dunha serie de intervencións servirán para afondar na traxectoria vital e profesional de Manuela Rey desde unha perspectiva interdisciplinaria. 

Manuela Rey, galega nada nunha parroquia de Mondoñedo, foi a grande estrela do teatro lisboeta de mediados do século XIX. Naceu en 1842 e finou aos 23 anos como primeira actriz do Teatro Dona María II, deixando unha traxectoria vital e profesional aínda moi descoñecida. O afondamento na súa figura serve para acender unha nova vaga das Faíscas Culturais coas que a USC leva ás aulas intervencións artístico-pedagóxicas coas que fomentar a reflexión e o espírito crítico do estudantado. 

A primeira charla estivo a cargo de Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego (CDG) , e serviu para que o estudantado, desde a perspectiva da didáctica das artes, coñecese "quen era Manuela Rey, a Muller-Lirio, como actriz, autora, emigrante e tamén coa idea de identidade, retrato, icona, xénero..."

Unha coprodución liderada polo CDG e que conta coa dirección e dramaturxia do propio Núñez, arredor de Manuela Rey. Un equipo artístico galego-portugués erguerá o pano deste espectáculo, estreado recentemente en Portugal.

A charla serviu de marco para a elaboración, por parte do estudantado, de intervencións artísticas sobre a imaxe de Manuela Rey: dez bustos de 1x1 metros exhibiranse en diferentes espazos da cidade, comezando pola Praza de Praterías e a Casa do Cabido o día 6, ás 18 horas. 

Outras actividades que aproximarán a figura de Rey a través do contexto histórico ou literario na Lisboa de mediados do XIX seguirán a partir de marzo. 

Comentarios