Gales

gales cymrru galés
INTERNACIONAL

A comisión de expertos impulsada polo Goberno de Gales ve a independencia como unha opción "viábel"

O informe sobre o futuro constitucional de Gales apunta que a escolla definitiva -autonomía, federalismo ou independencia- para o país debería de ser “determinada polo pobo de Gales”.

Elin Haf Gruffydd-Jones visitou a redacción de 'Nós Diario'. (Foto: Arxina).
LINGUA

Elin Haf Gruffydd-Jones: "Non podemos depender do sistema educativo para socializar a xente nas linguas minorizadas"

Elin Haf Gruffydd-Jones (Bermudas, 1967) é profesora titular e directora do Centro de Estudios Avanzados Galeses e Célticos da Universidade de Gales. Desde finais de 2021 preside a Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN). Esta semana visitou Galiza, onde analizou xunto a colegas de toda Europa futuro das linguas minorizadas.
Cardiff, capital de Gales
INTERNACIONAL

Gales exixe as competencias en xustiza ante as “diverxencias” de leis con Inglaterra

Un informe oficial do Goberno galés xustifica a petición dunha crecente "diverxencia" das leis entre Inglaterra e Gales

gales cymrru galés
INTERNACIONAL

‘Gales non está en venda’: a loita contra un mercado inmobiliario que ‘anglicaniza’ as zonas de fala galesa

Alertan do impacto de fenómenos como o despoboamento ou o ‘boom’ de segundas vivendas e novas construcións que viven comunidades rurais de Gales onde a lingua maioritaria é o galés.

EuropaPress_4192315_13_january_2022_united_kingdom_edinburgh_scottish_conservative_leader
INTERNACIONAL

Johnson articula un novo consello entre nacións para salvar a Unión de si mesmo

O apoio á independencia no Reino Unido podería rexurdir polo Partygate.
Cardiff, capital de Gales
INTERNACIONAL

Empresa pública de enerxía, vivendas sociais e pulo ao galés: o pacto de Goberno en Gales entre laboristas e independentistas

O acordo contempla a posta en marcho dunha serie de servizos públicos galeses ou compromisos para limitar que Gales sexa paraíso de ‘segundas residencias’ para británicos.

kernow_house_crisis
INTERNACIONAL

A nación córnica esperta do seu sono

Primeira marcha soberanista, este sábado, convocada por AUOB Cornualles.
¡
INTERNACIONAL

Gales destina 3 millóns de euros dos fondos de recuperación de Covid a impulsar a lingua galesa

O goberno quer acadar o millón de falantes en galés en 2050

miners_strike_REXShutterstock
INTERNACIONAL

Johnson invoca en Escocia a pantasma de Thatcher

A década de 1980, coa Dama de Ferro en Downing Street, supuxo o inicio do desmantelamento das minas de carbón no norte de Inglaterra, en Escocia e en Gales. As consecuencias socioeconómicas foron tan graves que a lixeireza con que o primeiro ministro falou daquela época é como amentar a soga na casa do aforcado.  
EuropaPress_3687884_05_may_2021_united_kingdom_alford_first_minister_of_scotland_and_leader_of
INTERNACIONAL

Escocia: cantos anos é unha xeración?

O mantra oficial de Londres é que o referendo de independencia de 2014 tiña o carácter de ser "único nunha xeración". O independentismo busca nas eleccións ao Parlamento escocés de hoxe unha maioría ampla para exixir unha segunda consulta, o indyref2. A líder do SNP, Nicola Sturgeon desbotou a vía catalá, mais non, recorrer na xustiza. 

2020-agm-yescymru (1)
INTERNACIONAL

Plaid Cymru compromete un referendo de independencia en Gales

Dará o paso de ter apoio do Parlamento. En 2021 hai eleccións para renovar a Asemblea nacional galesa.

gaélico escocés
LINGUA

O mercado inmobiliario, unha nova ameaza para a pervivencia das linguas celtas

"A crise da vivenda rural ameaza o noso futuro", advirten nunha carta conxunta organizacións de defensa da lingua en Irlanda, Escocia e Gales. 

EuropaPress_3389428_22_october_2020_england_london_uk_prime_minister_boris_johnson_speaks
INTERNACIONAL

Escocia, Gales e Irlanda do Norte adoptan variantes do 'circuit breaker'

As nacións históricas, con competencia para adoptar medidas de restrición de forma autónoma únense ás comunidades do norte de Inglaterracontra o centralismo de Boris Johnson.
Cardiff, capital de Gales
INTERNACIONAL

Gales, primeiro país en volver a confinarse en Europa

O goberno galés xustifica a medida para evitar o colapso do sistema sanitario público.

cymru gales @GutoOwenH2
INTERNACIONAL

Un de cada tres galeses apoiarían a opción independentista nun referendo

A franxa de poboación entre 16 e 49 anos sería a que máis apoiaría esta opción.

Aladino Barros e Os Gales de España

Un breve depoimento sobre o grupo de música Os Gales de España e sobre Aladino Barros.
Rhun_ap_Iorwerth-plaidcymru
INTERNACIONAL

O debate independentista chega por primeira vez ao Parlamento de Gales

Rhun ap Iorwerth, portavoz do Plaid Cymru ─terceira forza─ defendeu que como Estado independente a loita contra a pandemia sería máis efectiva.
¡
INTERNACIONAL

A inmersión en galés, en perigo na Educación Infantil

Educadores, asociacións en defensa da lingua e o Plaid Cymru piden ao Goberno de Gales que non inclúa o inglés como elemento obrigatorio do novo Currículo escolar na educación até os sete anos. Consideran que suporía unha nova eiva para a expansión do galés e chegar ao obxectivo dun millón de falantes para 2050. 
2020-agm-yescymru (1)
INTERNACIONAL

O apoio á independencia de Gales volve subir e alcanza o seu máximo histórico

A xestión da crise da pandemia da COVID-19 por parte do Goberno británico, en contraposición á exercida polas autoridades galesas, así como as incertezas da poboación ante o Brexit, son dúas das posíbeis causas do aumento en catro puntos no apoio á independencia, con cifras inéditas no país.
Bandeiras das nacións do Reino Unido
INTERNACIONAL

Escocia, Gales e Irlanda do Norte teñen os seus propios plans de desconfinamento, diferentes do marcado desde Londres

Apostan en manter polo momento un confinamento “duro” mentres Boris Johnson chama a “avanzar xuntas as catro nacións”.