luns 18/10/21

Plaid Cymru compromete un referendo de independencia en Gales

Dará o paso de ter apoio do Parlamento. En 2021 hai eleccións para renovar a Asemblea nacional galesa.

2020-agm-yescymru (1)
Acto a prol da independencia de Gales (Foto: Yes Cymru)

O líder de Plaid Cymru, Adam Price, prometeu un referendo de independencia de o seu partido "ter maioría" na Asemblea Nacional de Gales despois das eleccións previstas para maio de 2021. Un escenario improbábel a teor do que apuntan enquisas e sondaxes.

Segundo explica Nationalia, Nun artigo do Sunday Times, Price explicou que o sistema actual non se pode considerar un punto de chegada porque, di, Westminster "sempre prevalecerá" no último recurso. O líder independentista advertiu de que Gales está "en perigo real" de quedar dentro "co que queda do Reino Unido" se Escocia se independiza e Irlanda do Norte se une ao resto da illa.

Plaid Cymru tivo unha intención de voto de entre o 18% e o 26% ao longo de 2020, segundo as enquisas de opinión. As enquisas auguran unha nova vitoria para o Partido Laborista, que non é partidario de convocar un referendo. O Partido Conservador, que goberna o Reino Unido, tamén se opón a calquera tipo de consulta.

Por volta do 25% do electorado galés está a favor da independencia e entre o 50% e o 55% está en contra, segundo varias enquisas. Entre o 20% e o 25% están indecisos. O apoio á independencia, que tradicionalmente se situaba entre o 10% e o 15%, medrou desde o referendo do Brexit.

Quen apoia?

E quen apoia a independencia en Gales? Nomeadamente, os e as votantes máis mozas. Segundo enquisas como a de ‘You Gov’, o 46% dos votantes entre 16 e 24 anos serían partidarios da opción independentista, unha vía apoiada por 39% dos votantes entre 25 e 29 anos.

Os máis reticentes, e partidarios dun Gales integrado no Reino Unido, son os votantes de máis de 65 anos, onde o independentismo apenas calla entre 11% deles.

comentarios