Gales destina 3 millóns de euros dos fondos de recuperación de Covid a impulsar a lingua galesa

O goberno quer acadar o millón de falantes en galés en 2050

¡
photo_camera ¡

O Goberno de Gales anunciou que se destinarán 2,4 millóns de libras esterlinas ( 2,8 millóns de euros) do financiamento da recuperación da Covid para fomentar proxectos e iniciativas relacionadas coa lingua galesa.

O diñeiro destinarase a apoiar aos estudantes de galés de inmersión na escola e ao desenvolvemento das habilidades lingüísticas en galés para axudar a cumpriri o obxectivo de duplicar o uso diario do galés para 2050.

O  Eisteddfod, festival nacional da cultura galesa, tamén recibirá 200.000 libras  esterlinas, xa que Gales espera acoller o regreso desta cita en 2022.

A aprendizaxe por inmersión axuda os alumnos cuxo galés pode non formar parte da súa rutina diaria, ou que poden non ter coñecementos de galés, a utilizalo na súa aprendizaxe no día a día. O financiamento tamén apoiará os alumnos das escolas de ensino medio en galés que, durante a pandemia, perderon a oportunidade de utilizar o seu galés todos os días, e tiveron un contacto limitado ou nulo coa lingua debido á interrupción.

A ampliación do programa de inmersión tardía é un dos compromisos recollidos no Programa de Goberno de Gales. Forma parte do plan para aumentar o número de alumnos que coñezan esta lingua e pasen a usala

O financiamento único de 200.000 libras  esterlinas para o  Eisteddfod Nacional axudará ao festival para restablecer os niveis de persoal tras a pandemia. Ademais de axudar ao  Eisteddfod a aumentar o persoal, o financiamento tamén contribuirá a un proxecto piloto que creará unha rede de embaixadores da cultura, para axudar a inclusión comunitaria e social nas zonas nas que se celebra o evento anual.

Jeremy Miles, Ministro de Educación e Lingua Galesa, dixo: "Para axudar a alcanzar os obxectivos que esbozamos na nosa estratexia  Cymraeg 2050 á luz da pandemia, temos que asegurarnos de apoiar as organizacións clave que traballan para aumentar o uso da nosa lingua”.

"Estou moi satisfeito de que puidésemos dar fondos de recuperación para a aprendizaxe de inmersión e para o  Eisteddfod. Ambas son partes cruciais dos nosos plans para axudar a máis persoas a aprender e utilizar o galés”.

"O financiamento que anunciamos forma parte da nosa estratexia para aumentar o uso da lingua galesa en todo Gales durante o próximos trinta anos. Creo firmemente que o galés nos pertence a todos, e estou decidido a axudar a que cada vez máis persoas aprendan e utilicen a nosa lingua."

Comentarios