emprego

A compostelá Vero Boquete, que dá nome ao estadio de San Lázaro, é unha das grandes referentes do fútbol galego. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Cal é o traballo soñado das crianzas galegas? A quen queren como xefe ou xefa? E que salarios agardan percibir?

Unha ampla enquisa de Adecco sinala as preferencias dos nenos e nenas da Galiza de cara ao seu futuro profesional, cun auxe do fútbol como opción prioritaria para moitas rapazas. Cristiano Ronaldo e Ana Peleteiro, entre os xefes e xefas que quererían ter.
oficina (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

As mulleres con obesidade cobran até 9% menos en comparación con outras traballadoras

Tamén experimentan un menor éxito na contratación, teñen menos oportunidades de ascenso, un menor benestar no lugar de traballo, máis estrés e unha maior probabilidade de ser despedidas.
Interior Galego Vivo alerta de que os Orzamentos da Xunta para o rural significan afondar na discriminación e na falta de investimentos. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
TRABALLO

En tres anos caeu na Galiza 20% do emprego feminino no agro e na gandaría

O período comprendido entre 2019 e 2022 supuxo un duro golpe para o emprego feminino no sector agrogandeiro galego. En apenas tres anos perdéronse un de cada cinco postos de traballo ocupados por mulleres, mentres que nos homes a ocupación aumentou.
Unha muller é atendida por un funcionario nunha oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (Foto: Francisco J. Olmo).
TRABALLO

A afiliación á Seguridade Social obtén o mellor dato na Galiza desde o ano 2008

O número de persoas no paro é o menor da serie histórica do país.
O prazo das axudas da Xunta da Galiza para profesionais por conta propia, Activa Autónomos, comezou o pasado 9 de xaneiro (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

Galiza perdeu 1.889 traballadores por conta propia no último ano

Galiza liderou a destrución do emprego autónomo no Estado entre xuño de 2022 e o mesmo deste ano. O país continúa e tendencia do exercicio de 2022, cando perdeu máis traballadores por conta propia que o total estatal.

Unha protesta do persoal de Alcoa na Mariña en 2022. (Foto: Sabela Blanco / Europa Press)
TRABALLO

A conflitividade laboral triplicouse na Galiza o pasado ano

Multiplicáronse por catro as xornadas non traballadas, segundo o CES
Traballadores de hostalaría en Santiago (Foto: Arxina).
TRABALLO

O nivel de afiliación á Seguridade Social creceu 27,4% máis no Estado que na Galiza

A ocupación aumentou en 25.000 persoas na Galiza en 12 meses.
O ano pasado chegou ás lonxas galegas (na imaxe, a de Burela) a menor cantidade de peixe e marisco en case dúas décadas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

A produción de pescado e a economía galega

María do Carme García-Negro é doutora en Economía.
BuzosNavantia-9e74658d
star
TRABALLO

O complexo industrial galego destruíu 39.400 empregos nos últimos 15 anos

A crise non dá tregua ao complexo industrial galego. Só nos últimos 15 anos destruíronse 39.400 empregos e fecháronse 3.487 empresas, situándose o Índice de Produción Industrial por baixo dos niveis de 2008. As expectativas de futuro do sector non son boas.
Oficina de Emprego de Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Cae o paro e medra a creación de emprego na Galiza grazas ao aumento dos contratos temporais

O Estado español rexistra no seu conxunto os menores niveis de desemprego desde 2008 e a caída faise notar tamén na Galiza, que perde 5.410 parados e fica con 129.024 ao remate do primeiro semestre do ano. O pasado mes asináronse 73.138 novos contratos, dos que case sete de cada dez, porén, foron temporais, unha cifra significativamente superior á media estatal.
José Francisco Armesto, Fernando González Laxe e Santiago Lago, esta quinta feira na presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica II/2023 do Foro Económico de Galicia (Foto: Foro Económico).
star
ECONOMÍA

A economía vai "arrefriar" a partir de finais de ano, alerta o Foro Económico

O Foro Económico de Galicia presentou o Informe de Conxuntura Socioeconómica II/2023, no que a institución sinala que "a pesar do crecemento económico na Galiza e no Estado español", a economía vai arrefriar no final de 2023 e durante o ano 2024 froito da dura política monetaria que está a exercer o Banco Central Europea para intentar paliar a crise inflacionista. Ademais, o Foro Económico destacou que o medre da economía galega fica lonxe do da estatal e que o mercado laboral galego ten "menor dinamismo" que o estatal.
Os delitos contra as liberdades sexuais aumentan (Foto: Europa Press)
Agora

Convocadas as axudas para contratar vítimas de violencia machista en entidades sen ánimo de lucro

O DOG publica hoxe a convocatoria, por terceiro ano consecutivo, do programa de axudas destinado a garantir a independencia económica e laboral das mulleres vítimas de violencia machista para que poidan avanzar no seu proceso de recuperación. Entidades e cooperativas sen ánimo de lucro poderán beneficiarse destas achegas para contratar mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero. O prazo para solicitar os apoios ficará vixente desde esta quinta feira até o próximo 28 de xullo. Esta liña de incentivos conta cun investimento total de 600.000 euros e as axudas a entidades e corporativas sen ánimo de lucro van desde os 1.381 aos 2.763 euros mensuais pola contratación de cada muller a tempo completo, en función dos grupos de cotización.
Protesta diante da sede do Ministerio de Traballo, o pasado 7 de xuño. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
TRABALLO

O persoal de Inspección de Traballo comeza hoxe unha folga indefinida

Ante a falta de acordo e as discrepancias entre os ministerios de Traballo e Facenda, os sindicatos CCOO, CIG, CSIF, Sitss, Sislass, UXT, UPIT e Usess, que conforman a plataforma da Inspección, optaron por continuar coas protestas e a partir desta segunda feira comezar a folga indefinida do colectivo para pedir ao Goberno que remate a lexislatura cumprindo co Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
camareiro bar hostalaría cervexa restaurante
Agora

Galiza lidera a caída de ofertas de emprego

Galiza foi o territorio do Estado español onde máis se reduciu a oferta de emprego o pasado ano, cun descenso de 18,43% que contrasta cun contexto estatal no que o número de vacantes aumentou 25,31% a respecto do ano anterior, segundo recolle o informe 'Oferta e Demanda de Emprego en España', de Infoempleo e o Grupo Adecco. No conxunto do Estado, o sector servizos é o que máis postos de emprego ofreceu en 2022, con 8,97% do total, o que implica 2,60 puntos porcentuais máis que en 2021.
Unha moza pega un papel nun farol onde se comparten anuncios de 'busco emprego' (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
star
Análise

A difícil tarefa de contar parados

Roberto Bande é profesor titular de Fundamentos da Análise Económica da USC e decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC.
Protesta dos bombeiros en Lugo o pasado 23 de maio. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
TRABALLO

Fechados diferentes parques comarcais de bombeiros por falta de persoal a dous días da folga

Esta quinta feira, día 15, comezará por todo o país un paro con carácter indefinido.
Orientadoras laborais traballando nunha oficina de Cogami (Foto: Cogami).
TRABALLO

A inserción laboral de persoas con discapacidade descendeu no que vai de 2023

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) advirte dunha caída de 16% na contratación a través do seu programa de inserción laboral para persoas con discapacidade.
Paulo Carril (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Paulo Carril, secretario xeral da CIG: "Non é que nos radicalicemos nós, é que os demais se dereitizan"

Secretario xeral desde o ano 2017 da CIG, o primeiro sindicato da Galiza por representatividade, Paulo Carril (Touro, 1973) reivindica a mobilización como marca dun sindicalismo de clase consecuente. “Detrás desa intensidade mobilizadora hai capacidade de análise, de proposta e presentación de alternativas, de socializalas e explicarllas á xente e nós non drogamos a xente para que se mova. Triunfos como o conflito recente do metal de Lugo, ou das mulleres de Zara, demostran que é o camiño”, di nesta conversa que mantemos coa ollada posta nas eleccións estatais e no que supoñen para as traballadoras e traballadores galegos as medidas adoptadas desde o Goberno español.
Burela é un dos portos galegos cunha porcentaxe importante de inmigrante na actividade pesqueira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
TRABALLO

A poboación inmigrante desempeña na Galiza os traballos máis precarios

Tres de cada dez empregos creados nos primeiros catro meses de 2023 na Galiza foron cubertos por persoas inmigrantes. 2.436 novas e novos ocupados dos 8.052 totais non contan con nacionalidade do Estado español. A precariedade laboral atópase na cerna deste fenómeno.
A primeira subdirectora xeral do FMI, Gita Gopinath (Foto: World Economic Forum).
ECONOMÍA

O FMI advirte da "sacudida sen precedentes" da Intelixencia Artificial nos mercados laborais

Os contras da Intelixencia Artificial (IA) poderían ser maiores que os pros, advirte a primeira subdirectora xeral do Fondo Monetario Internacional (FMI), Gita Gopinath.