debate

Ana Pontón é a candidata do BNG á Xunta da Galiza e a portavoz nacional da formación frontista. (Foto: Arxina)
18-F

Pontón insiste na necesidade de que haxa debates durante a campaña: "É un dereito da cidadanía"

A líder nacionalista lembrou que o BNG levou ao Parlamento galego unha lei para "garantir" que haxa dous debates, polo menos, en campaña electoral pero "lamentabelmente o PP votou en contra".

Conta atrás

Medo a debater

O presidente da Xunta e do PP na Galiza, Alfonso Rueda, no acto dos populares do pasado domingo na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
18-F

Rueda segue a estratexia de Feixoo e propón un único debate na TVG con Pontón, Besteiro e Lois

O PP ignora a oferta de RTVE e avoga por debater só na televisión pública galega por ser "o foro idóneo". A súa proposta deixa fóra Vox, Podemos e DO.
Un 5% da poboación mundial padece depresión. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O DEBATE | O invento acientífico do 'Blue Monday', o día máis triste do ano, pode ter utilidade?

O inicio da terceira semana de xaneiro é o día máis triste do ano, estabeleceu unha campaña sen valor científico. Porén, pode isto servir para reflexionar sobre sentimentos como a tristeza?
A vacinación contra a gripe e a Covid segue a ser chave no primeiro outono-inverno sen restricións. (Foto: María José López / Europa Press).
SOCIAL

O DEBATE | Debería ser obrigatorio vacinarse nas vagas de virus contaxiosos ou perigosos?

A vacinación non é obrigatoria mais hai voces que optan porque, en determinados casos, si o sexa. Algo no que existe discrepancia.
Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Besteiro (Fotos: David Cabezón / M. Dylan / Nós Diario).
18-F

RTVE ofrece un debate a tres en 'Prime Time' a Rueda, Pontón e Besteiro de cara ao 18-F

Este debate emitiríase en 'prime time', na desconexión da ‘1’ na Galiza e para o Estado español na canle ‘24 horas’, Radio 5, RTVE.es e RTVE Play. Así mesmo, RTVE facilitaría o sinal do debate a todos os medios que o soliciten.
eólico ordes contra
POLÍTICA

O DEBATE | É sustentábel e rendíbel producir hidróxeno verde coa tecnoloxía actual?

O hidróxeno ocupa un lugar chave no debate enerxético, porén existen posicións diverxentes sobre as súas posibilidades.
Plano xeral do Congreso (Foto: Congreso).
vídeo En directo

A Lei de amnistía sométese ao seu primeiro exame no Congreso: segue o debate ao vivo en 'Nós Diario'

Unha vez que previsibelmente se dea vía libre á lei para continuar o seu camiño parlamentario, a Mesa do Congreso abrirá un primeiro prazo para a presentación de emendas. O Grupo Socialista pediu que se tramite pola vía de urxencia, o que recortará todos os prazos á metade.
A Consellaría de Educación propón comezar as aulas o 10 de setembro (Imaxe: Jesús Hellín / Europa Press)
25-N

O DEBATE | A retirada da materia de Igualdade de Xénero no ensino: retroceso ou reformulación?

A materia, implementada en 2016, desapareceu este curso. Afecta ou non isto ao ensino nas aulas desde unha perspectiva de xénero?
O centro de Vigo, colapsado pola afluencia de visitantes durante o último Nadal. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
SOCIAL

O DEBATE | É compatíbel o actual modelo de Nadal co desenvolvemento sustentábel?

O tempo de Nadal é un momento chave para actividade comercial, mais o movemento ecoloxista dubida da súa sustentabilidade.
Javier Milei e Sergio Massa, no debate da madrugada de hoxe. (Foto: Godoy Camila / Télam)
INTERNACIONAL

Massa imponse ao ultradereitista Milei no debate previo ás votacións do domingo na Arxentina

As sondaxes predín uns comicios moi igualados.
ECONOMÍA

O DEBATE | Favorece ou prexudica á Galiza a presenza do capital estranxeiro?

O capital estranxeiro non deixa de gañar presenza nos sectores chaves da economía galega. Como afecta isto á Galiza?
Peregrinos e peregrinas nunha ateigada praza do Obradoiro, no municipio de Santiago de Compostela no mes de agosto de 2022 (Foto: Arxina).
star
ECONOMÍA

A tensión xerada polo turismo medra ante a ausencia de datos sobre o peso económico do sector

O debate sobre as consecuencias do avultado aumento de viaxeiros e viaxeiras na Galiza non deixa de aumentar. Porén, segundo os últimos datos publicados nos informes de Exceltur, o peso económico da actividade na economía galega descendeu, mentres que as expectativas de futuro do sector empeoran.
A responsábel da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Deputación da Coruña analiza nun libro a función social da cultura

A Deputación da Coruña vén de publicar o libro A cultura é un dereito. Unha visión social da Cultura.

Relato da incomparecencia

Democracia?

Un debate pendente

A CRTVG colocou o debate ed cara ao 23 de xullo ás 10 horas da mañá (Foto: CRTVG).
POLÍTICA

O debate da CRTVG entre Tellado, Rego, Miñóns e Lois será esta sexta feira ás 10 da mañá

Moderado polo xornalista Luís Ojea, será retransmitido en directo e durará unha hora -de 10 a 11 horas-. Poderá seguirse en todos os medios da CRTVG: Televisión da Galiza, Radio Galega e canle dixital g24.gal.
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo no debate electoral (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
23-X

Feixoo mentiu no debate electoral ao asegurar que fixo 2.500 vivendas de protección cando realmente foron 12

Sánchez e Feixoo acusáronse mutuamente de mentir en repetidas ocasións no que foi un debate que brillou pola cantidate de mentiras e imprecisións que nel se deron.