18-F

RTVE ofrece un debate a tres en 'Prime Time' a Rueda, Pontón e Besteiro de cara ao 18-F

Este debate emitiríase en 'prime time', na desconexión da ‘1’ na Galiza e para o Estado español na canle ‘24 horas’, Radio 5, RTVE.es e RTVE Play. Así mesmo, RTVE facilitaría o sinal do debate a todos os medios que o soliciten.
Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Besteiro (Fotos: David Cabezón / M. Dylan / Nós Diario).
photo_camera Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Besteiro (Fotos: David Cabezón / M. Dylan / Nós Diario).

Radio Televisión Española (RTVE) ofreceu un debate no marco das eleccións galegas do 18 de febreiro de 2024 aos partidos con representación no Parlamento da Galiza -PP, BNG e PSdeG- para o próximo 14 de febreiro.

Este debate emitiríase en 'prime time', na desconexión da ‘1’ na Galiza e para o Estado español na canle ‘24 horas’, Radio 5, RTVE.es e RTVE Play. Así mesmo, RTVE facilitaría o sinal do debate a todos os medios que o soliciten.

"Consciente" da importancia desta cita e da súa misión de servizo público, Radiotelevisión Española ofreceu aos partidos políticos a organización dun debate electoral, cunha participación referida aos candidatos e candidatas das forzas políticas que contan con representación no Parlamento galego.

A oferta

A oferta suporía a realización e emisión en directo do debate e formaría parte da cobertura que RTVE prepara para a campaña electoral das eleccións galegas 2024, na cal, asegura “volverá apostar por unha información independente e plural", explica a compañía.

Comentarios