Opinión

Conta atrás

Toda campaña política é unha conta atrás, e por iso é fundamental controlar os tempos. Se o día do debate debera de ser a pantalla final, a directora de campaña do PP de Galicia adiantou o reloxo a 2 días do inicio dos actos cara ao 18-F. Paula Prado difundiu publicamente unha carta enviada a todos os grupos propoñendo dous debates: un, coas persoas candidatas das forzas con representación, e outro, "un cara a cara" entre Rueda e a representante "das formacións que aspirades a gobernar a través dun multipartito". A celebrar, ambos, na CRTVG, non para honrar o servizo público, senón para asegurarse de xogar na casa.

O PP, como xa fixo cando marcou a data das eleccións colléndonos coa lagaña pegada, aspira a controlar os tempos e, de paso, os lugares e os pactos. Co resaibo doce daquel cara a cara dun Feijóo que non precisou mirar a hora.

Comentarios