cultura

domingo villar no culturgal
Dez anos despois volve o inspector Leo Caldas

Domingo Villar publicará a súa terceira novela en marzo de 2019

As súas dúas novelas irromperon na literatura galega con forza de best seller. Eran narrativa policial de rostro amábel, irónica, que xogaba coa identidade galega do seu protagonista, o inspector Leo Caldas, e co seu escenario, Vigo. Traducidas a varias linguas, a segunda con versión cinematográfica, do seu autor, Domingo Villar, non volveu haber apenas noticias. Dez anos despois reaparece co seu terceiro libro.
 

Versión galega de 'Recordes dos Seres Vivos'

Da balea azul ao musaraño pigmeo de dentes brancos

É unha emblemática obra do chamado xénero do infotenimento: “Informaçom [rigorosa] + entretenimento [formativo]”. Nas súas páxinas habitan os máis prodixiosos seres vivos, da descomunal balea azul (30 metros de lonxitude) ao musaraño de dentes brancos pigmeo, 750 veces máis pequeno. Recordes dos Seres Vivos, por primeira vez en lingua galega, ofrece anécdotas, sorpresas e curiosidades sobre o mundo natural.
 

yolanda castaño - o puño e a letra
40 autores debuxan os seus poemas

Yolanda Castaño inaugura o “cómic poético” para a literatura galega

O diálogo entre poesía e banda deseñada era inédito na literatura galega. Non no exterior. “Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que a fronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry”, explica Yolanda Castaño (Compostela, 1977), que asina os textos ilustrados por 40 autores en O puño e a letra (Xerais, 2018).
 

entrega_premio
CULTURA

Mario Regueira gaña o Illas Sisargas de poesía cun libro de “erotismo diverso e plural”

Marco Livorno é o título do libro de poemas co que Mario Regueira (Ferrol, 1979) vén de se facer co premio Illas Sisargas de poesía erótica, “un sorprendente percorrido por relacións eróticas diversas e plurais, nun ton épico, case elexíaco”, segundo Paco de Tano, presidente da asociación cultural Caldeirón.
 

trompa, música
Promoción da música galega e en galego

A Deputación de Pontevedra declara 2019 Ano da Música

2019 será para a Deputación de Pontevedra o Ano da Música. Así o anunciou o responsábel de Cultura e Lingua do ente provincial, Xosé Leal, para quen “a provincia ten unha gran potencia musical en todos os eidos, tanto no popular como no profesional ou no fomativo. Dedicaremos 2019 a poñela en valor”.
 

ana romaní premios crítica - foto PSdeG
CULTURA

Mercedes Peón, Ana Romaní ou Xabier Docampo, premios da Crítica de Galiza

A música Mercedes Peón, a xornalista e creadora do Diario Cultural Ana Romaní ou a derradeira novela de Xabier Puente Docampo son tres das oito galardoadas polos Premios da Crítica de Galiza, que se fallaron este sábado 3 de novembro en Vigo.
 

María Victoria Moreno
27 e 28 de novembro

A Academia debaterá sobre a vida e a obra de María Victoria Moreno

O ano María Victoria Moreno rematará este 27 de novembro co simposio da Real Academia Galega sobre a obra e a vida da autora distiguida co Día das Letras. As académicas Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre organizan dúas xornadas de debate sobre “unha figura central da literatura infantil e xuvenil”.
 

olga novo
Do 7 ao 9 de novembro

As poetas Olga Novo, Lois Pérez e Ismael Ramos na Festa da Palabra de Foz

Tres poetas de entre os máis lidos da poesía galega actual conforman o groso da Festa da Palabra de Foz, que organiza a asociación cultural A Pomba do Arco e que decorrerá entre o 7 e o 9 de novembro.
 

Xurxo Souto
'A gran travesía de Chiruca Macallás' é a súa última novela

O cosmos talasocrático de Xurxo Souto

Mercedes é a patroa do arrastreiro Macallás. As súas mareas, puntuadas de lecturas e mitoloxía mariña, conforman unha xeografía do mar das galegas, unha epopea obreira e unha loanza do mundo do traballo. E revindican a unidade da fachada atlántica. Eis A gran travesía de Chiruca Macallás (Xerais, 2018), o último libro de Xurxo Souto.
 

Jose_Silvent,_máis_coñecido_como_Barriga_Verde,_titiriteiro_galego
Terceira edición do Titirebria de Teo do 4 ao 11 de novembro

Celebración dos títeres de cachiporra

O Titiriberia, festival de Teo dedicado ao singular xénero do títere da cachiporra, achegará na súa terceira edición unha ducia de funcións. Serán entre o 4 e o 11 de novembro.
 

cineuropa32_escandalo - cartaz
Do 7 ao 28 de novembro

300 filmes na 32ª edición da mostra Cineuropa en Compostela

É unha das citas por excelencia do outono cultural compostelán. A mostra Cineuropa atinxe este ano a súa edición número 32 e proxectará 300 filmes. O primeiro, a cuarta feira 7 de novembro no Teatro Principal de Compostela: A noite dos 12 anos, do uruguaio Álvaro Brechner, centrada no encarceramento e torturas a Pepe Mújica durante a ditadura no país austral.

1275472973065calveiro_marcos sanchez_03 (1)
Estudantes de secundaria outorgan o premio

'O xardineiro dos ingleses', de Marcos Calveiro, premio San Clemente

Unha historia de historias, ambientada na Vilagarcía de Arousa de comezos de século onde se cruzan mariñeiros alemáns e ingleses e unha moza que “intenta ceibarse das ataduras da Galiza daquel tempo” vén de se facer co premio San Clemente na súa 24ª edición. É O xardineiro dos ingleses (Galaxia, 2017), de Marcos Calveiro (Vigo, 1968).

maría alonso seisdedos
Participou do equipo que traduciu 'Ulises'

María Seisdedos, premio Xela Arias da Asociación da Tradución

María Alonso Seisdedos (1961) é a primeira gañadora do Premio Xela Arias concedido pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación. O traballo de Alonso Seis enfocouse maiormente cara ao literario e o audiovisual. Foi membro do equipo que levou adiante a versión galega de Ulises, de James Joyce.
 

talco banda
2 e 3 de novembro en Chantada

Punk de combate e pachanga antisistema no Castañazo Rock

O que foi o festival fundacional do rock bravúa, aló pola década dos 90 do pasado século, é agora un encontro para amantes de punk de combate, rock antisistema e pachanga crítica. O Castañazo Rock, en Chantada o 2 e o 3 de novembro, conta este ano con nomes senlleiros como Boikot, Talco ou Dakidarría.
 

Fermín Muguruza 1
Fermin Muguruza / Músico e autor do filme 'Black is beltza'

“Non sei enfrontarme a un traballo sen chegar ao límite, ao bordo do precipicio”

Na mente de Fermin Muguruza (Irún, Euskal Herria, 1963) todo está relacionado con todo. É como se pensase por constelacións. Alxeria, o país dos vascos, Otis Redding, os servizos secretos cubanos en apoio dos Black Panthers, as cantigas de berce de Pancho Villa, o No-Do, Mikel Laboa. O planeta vasco, todos somos Malcolm X. O triángulo musical do Caribe.
 

o escritor Isidro Novo
Homenaxe ao escritor o 3 de novembro en Lugo

Nostalxia de Isidro Novo

A súa morte repentina o pasado febreiro deixou un oco na literatura galega. A obra de Isidro Novo, poeta, narrador que se interesou por xéneros populares como o western e a ciencia ficción, colaborador de Sermos Galiza e defensor da tradición oral, foi múltiple. Como múltiples as adhesións á homenaxe que, na súa lembraza, decorrerá en Lugo o sábado 3 de novembro.
 

libros
A antropóloga Michèle Petit convida á “lectura do mundo”

Ler “para manter vivo un anaco da liberdade e do soño”

Ler “é forzar unha arte de vivir que fuxa da obsesión pola avaliación cuantitativa”. Ler “é manter vivo un anaco de liberdade, do soño, do inesperado”. “Para vivir, para pensar, para conversas dun xeito feliz, cómpre ter un pouco a cabeza”, acaba por concluír a antropóloga francesa Michèle Petit en Ler o mundo, o seu ensaio “a prol da literatura e a arte”.
 

territorio intimidade 1 xurxo lobato
Mostra sobre “artistas galegas baixo o franquismo”

A arte na sombra da sombra

A bota franquista pisouno todo. Ningún ámbito da vida escapou ao despregamento fascista que seguíu á masacre da Guerra Civil. Oitenta anos despois, múltiples memorias fican por restituír. A exposición Territorios da intimidade, comisariada por Rosario Sarmiento, avanza xustamente nesa dirección e rescata “artistas galegas baixo o franquismo”.
 

[Imaxe: Xurxo Lobato] Carlos García Martínez
Sábado 27 de outubro

Homenaxe ao fundador e director do Muso do Pobo Galego

Sete meses despois da súa morte, o Museo do Pobo Galego rende homenaxe ao que foi un dos seus fundadores e director do mesmo ao longo das dúas últimas décadas, Carlos García Martínez. Será este sábado, 27 de outubro, no auditorio da emblemática institución.
 

Rei Ballesteros
En Codeso, Boqueixón

Placa na casa natal do novelista Rei Ballesteros

Dez anos despois da súa morte, unha placa lembrará ao escritor Anxo Rei Ballesteros na súa casa natal, na parroquia de Codeso en Boqueixón. Esta sexta feira, 26 de outubro, quedará descuberta.