En Codeso, Boqueixón

Placa na casa natal do novelista Rei Ballesteros

Dez anos despois da súa morte, unha placa lembrará ao escritor Anxo Rei Ballesteros na súa casa natal, na parroquia de Codeso en Boqueixón. Esta sexta feira, 26 de outubro, quedará descuberta.
 

Rei Ballesteros
photo_camera O escritor Anxo Rei Ballesteros. Foto: cedida.

A iniciativa parte da asociación cultural Pena do Corvo de Codeso. A casa é o actual restaurante Balado de Codeso e rexéntao unha sobriña do autor de Dos anxos e dos mortos (1977).

A homenaxe coincide coas xornadas que sobre a súa obra convocou a asociación cultural Barbantia -Rei Ballesteros (Codeso, Boqueixón, 1952 – A Coruña, 2008) residiu en Pobra do Caramiñal- e con diversas voces que comezan a reclamar o Día das Letras Galegas para un dos novelistas máis dotados da súa xeración.

Comentarios