Terceira edición do Titirebria de Teo do 4 ao 11 de novembro

Celebración dos títeres de cachiporra

O Titiriberia, festival de Teo dedicado ao singular xénero do títere da cachiporra, achegará na súa terceira edición unha ducia de funcións. Serán entre o 4 e o 11 de novembro.
 

Jose_Silvent,_máis_coñecido_como_Barriga_Verde,_titiriteiro_galego
photo_camera Imaxe histórica de Barriga Verde. Foto: Galipedia.

cartaz titiriberia

“Trátase dun festival único en Galiza e no Estado”, sinalan desde a organización, a Asociación Cultural Morreu o Demo, quen se refire ao títere de cachiporra como “unha especialidade con longa historia na península Ibérica”. Da que, non por acaso, o personaxe galego Barriga Verde é máximo representate.

Titiriberia reforza a súa aposta por achegar os monicreques ao público coa súa presenza na feira cabalar de Francos o 11 de novembro. Ese día nstalará unha barraca como escenario e as compañías Títeres Alakrán ou Seisdedos encargáranse de animar o encontro.

A véspera da feira acollerá unha dass novidades do festival, As varietés do Barriga Verde, “un espectáculo que busca reproducir as representacións que a histórica familia Sirvent realizaba na súa barraca de xeito previo á representación de Barriga Verde”. A actriz Iria Pinheiro presentará a gala, con coordinación musical de Caxade e a participación dos Monicreques de Kukas, Diego Anido, Arturo Nono, Títeres Alakrán e Mircromina. Será o 10 de novembro ás 21.30 horas na Barraca de Titiriberia.

O Titiriberia comezará o domnigo 4 de outubro ás 18.00 horas no local da Asociación A Mámoa, en Luou, coa función Auga que non vas beber de Fantoches Baj. A programación incluirá tres representacións enfocadas ao público escolar.

A Asociación Cultural Morreu o Demo organiza o certame para o Concello de Teo. Colabora a Deputación da Coruña.

Comentarios