Estudantes de secundaria outorgan o premio

'O xardineiro dos ingleses', de Marcos Calveiro, premio San Clemente

Unha historia de historias, ambientada na Vilagarcía de Arousa de comezos de século onde se cruzan mariñeiros alemáns e ingleses e unha moza que “intenta ceibarse das ataduras da Galiza daquel tempo” vén de se facer co premio San Clemente na súa 24ª edición. É O xardineiro dos ingleses (Galaxia, 2017), de Marcos Calveiro (Vigo, 1968).

1275472973065calveiro_marcos sanchez_03 (1)
photo_camera O escritor Marcos Calveiro. Foto: cedida.

A particularidade do galardón reside no seu xurado: estudantes de secundaria de toda Galiza. Alumnos e alumnas do instituto Rosalía de Castro de Compostela -organizador do certame canda Abanca e co apoio de Política Lingüística-, do Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, do Agra do Orzán da Coruña, do Valle-Inclán de Pontevedra, do San Mamede de Maceda e do Xelmírez I de Compostela decidiron recoñecer a novela.

O San Clemente, de cuxo palmarés fan parte algúns dos autores e autoras fundamentais da literatura contemporánea galega e internacional -Paul Auster, Tariq Ali, Suso de Toro, Amélie Nothomb, Teresa Moure ou José Saramago- conta tamén con categorías en español e noutras linguas. Nesta edición, foron distinguidos La uruguaya, de Pedro Mairal (Bos Aires, Arxentina, 1970), e A vexetariana, de Han Kang (Gwangju, Corea do Sur, 1970), respectivamente.

Comentarios