Comisión Europea

Membros de ARVI durante a protesta onte no Porto de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
ECONOMÍA

O sector pesqueiro protesta contra as políticas impostas por Bruxelas

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) pediu esta terza feira  a dimisión do comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, ante as políticas de "destrución" levadas a cabo por Bruxelas co sector da pesca.
Ana Miranda durante unha intervención no Parlamento Europeo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O BNG denuncia na CE o incumprimento da normativa que protexe a costa da contaminación de Ence

Ana Miranda preguntou polo procedemento de infracción que afecta á ampliación da concesión á pasteira.

Mariya Gabriel, comisaria europea de de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Xuventude. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
LINGUA

A Comisión Europea abre a porta a integrar galego, catalán e éuscaro na plataforma europea de idiomas

Son linguas vehiculares nos sistemas educativos de cadanseu territorio e a súa ausencia supón un caso de discriminación prohibido polo artigo 21 da Carta Europea de dereitos fundamentais.

De aquí a 2030 búscase a redución nun 50% o uso de pesticidas e nun 30% o de fertilizantes. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Agroecoloxía e saúde

Rosa Mosquera é catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC.
Fabricación de semicondutores (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Bruxelas prepara unha lei de chips ante a falta de subministracións

A UE quere duplicar a produción de semicondutores.
Alfonso Rueda e Ursula von der Leyen. (Fotos: Europa Press)
POLÍTICA

Von der Leyen e o presidente galego ensaríllanse pola reunión cancelada

O equipo da presidenta e do mandatario difiren sobre a anulación da cita.
Buque do arrastre entrando no porto de Celeiro en Viveiro (Foto: Dura-Ace).
ECONOMÍA

Ministros de Agricultura e Pesca da UE acusan Bruxelas de "condenar" a pesca de arrastre

Piden revisar as medidas coas aportacións dos Estados membro e do sector.
Dous mariñeiros recollen redes de pesca de arrastre (Foto: Os mares de baixura).
ECONOMÍA

Reunión chave en Bruxelas para determinar o futuro da pesca de arrastre

O ministro español Luis Planas defenderá no encontro cos seus homólogos europeos desta segunda feira que a sustentabilidade dos mares e océanos é "perfectamente compatíbel" coa rendibilidade da actividade pesqueira.
Dous mariñeiros recollen redes de pesca de arrastre (Foto: Os mares de baixura).
star
ECONOMÍA

A UE insta os Estados a prohibir a pesca de arrastre en 20% das augas mariñas en 2024

A Comisión Europea instou os Estados da UE a prohibir a pesca de arrastre en 20% das súas augas territoriais antes de marzo de 2024. Esta medida enmárcase no plan de Bruxelas para acabar con esta arte pesqueira nas zonas mariñas protexidas en 2030.
Factoría de Ence en Pontevedra. (Foto: Xaquín Soliño)
star
SOCIAL

A Comisión Europea cuestiona a legalidade da prórroga a Ence na ría de Pontevedra

A Comisión Europea vén de pór no foco a prórroga concedida en 2016 polo Goberno de Raxoi, en funcións, a Ence para continuar na ría de Pontevedra. As autoridades comunitarias consideran que a duración da prórroga incumpre a normativa da UE.

A presidenta da Comisión Europea, Ursula Von Der Leyen esta cuarta feira (Foto: Eric Vidal / European Parliament / d / DPA).
POLÍTICA

Bruxelas expedienta o Estado español pola súa Lei de Costas que permite prórrogas de até 75 anos a industrias

A lei española permite ampliar até 75 anos as concesións de restaurantes e industrias na costa.
Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

Suspenso da UE á Xunta en calidade dos servizos públicos e imparcialidade

Suspenso da Administración galega en calidade de servizos, en imparcialidade e en corrupción. Tres campos nos que a Xunta da Galiza obtén resultados por debaixo da media da Unión Europea (UE) cando en 2009 a valoración superaba a media. Son algúns dos resultados que deita o Índice Europeo de Calidade do Goberno, que recompila as opinións de máis de 129.000 enquisados nun total de 208 rexións que fan parte dos 27 Estados da Unión Europea.
O símbolo do euro diante da sede do Banco Central Europeo, en Frankfurt, Alemaña. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Bruxelas sitúa o crecemento da economía estatal en 1,4%

A Comisión Europea asegura que a UE esquivou a recesión.
Central nuclear de Ascó, en Tarragona. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Greenpeace leva a Comisión Europea aos tribunais por denominar 'enerxías verdes' o gas e a nuclear

"Os mesmos contaminadores que Ursula von der Leyen quere premiar cunha etiqueta sostíbel son os responsábeis de moitas das terríbeis dificultades que enfronta a xente hoxe en día, como o aumento dos prezos e a emerxencia climática", advirte o colectivo ecoloxista.
O comisario europeo de Pesca, Virginijus Sinkevicius, manterá unha reunión coa Federación estatal de confrarías o 21 de febreiro. (Foto: Claudio Centonze / DPA)
ECONOMÍA

Bruxelas quere vetar a pesca de arrastre no 30% das augas comunitarias en 2030: "É unha gran preocupación para o sector"

A Comisión Europea busca que a prohibición chegue ao 20% en 2024.
Sede da Comisión Europea, na cidade de Bruxelas, en Bélxica (Foto: EmDee).
ECONOMÍA

Bruxelas acusa o Estado español de infrinxir a directiva contra o branqueo de capitais

O incumprimento debe ser resolto en dous meses.
O tabaco aromatizado que se fuma con 'vapper' non se poderá adquirir a partir do 23 de outubro de 2023 (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Conta atrás para a prohibición do tabaco aromatizado que se fuma con 'vapper'

A UE quere crear unha "xeración sen tabaco", na que menos de 5% da poboación consuma tabaco, no horizonte de 2040.
A vicepresidenta terceira do Estado español e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, esta cuarta feira no Congreso (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
ECONOMÍA

División no seo da Unión Europea a conta do prezo do tope ao gas que propón Bruxelas

Varios Executivos comunitarios advertiron á Comisión de que se non se retira esta proposta e non pon sobre a mesa outra máis razoábel, rexeitarán outras iniciativas que se expoñan en cuestións chave.
VAcinas contra a Covid-19 (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

Após a pandemia, os europeos confían máis ou menos nas vacinas?

Un amplo estudo da Comisión Europea analiza a evolución do nivel de confianza na seguridade, eficacia e importancia da vacinación entre a cidadanía da UE.
Manuel Neuer, porteiro da selección nacional de Alemaña. (Foto: Europa Press)
DEPORTES

Bruxelas ponse de perfil ante as presións da FIFA contra os brazaletes co arco da vella en Qatar

A Unión Europea recoñece os "avances" en Qatar.