CCOO

Delegadas da CIG manifestándose o 25-N de 2022 na Coruña perto da Confederación de Empresarias e Empresarios (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

8% dos casos de acoso sexual no traballo rexistrados no Estado déronse na Galiza

O último informe realizado polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social afirma que en 2021 houbo 642 intervencións en empresas por denuncias de acoso sexual. Delas, 50 tiveron lugar na Galiza.
A sala de reunións do Centro Económico e Social da Galiza  acolleu a xornada sobre 'O sector enerxético na Galiza' (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O CES demanda á Xunta da Galiza unha proposta "lóxica" sobre enerxía renovábel

O Consello Económico e Social da Galiza (CES) reuniu onte na capital galega algunhas voces significativas sobre o futuro enerxético galego desde unha perspectiva social e sindical. De fondo, un estudo realizado conxuntamente coa Universidade da Coruña.
Vagóns fóra da vía tras o descarrilamento en Vilamartín de Valdeorras. (Foto: Concello de Vilamartín de Valdeorras)
SOCIAL

Persoal ferroviario exixe máis mantemento ante os sucesivos descarrilamentos na Galiza

A calor e o menor control das vías explicarían os descarrilamentos 
Manifestación do sector do metal en Vigo o pasado 28 de xuño. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
TRABALLO

A CIG e UXT asinan o novo convenio do metal de Pontevedra que incrementará 9% os salarios

O acordo, tamén asinado polas patronais do sector, foi rexeitado por CCOO.
Entrada da residencia de DomusVi San Lázaro, en Santiago (Imaxe: Arxina)
SOCIAL

Familias e persoal denuncian usuarios con tuberculose en DomusVi en Compostela e acusan a Xunta de “desleixo”

O primeiro caso detectouse hai un mes e non se tomaron as medidas precisas, critican. Denuncian falta de persoal e cifran en torno a 40 os usuarios que deron positivo nos test que se están realizando.

Durante os dous próximos anos os proxectos eólicos poderán recibir o visto bo só co estudo ambiental da empresa promotora. (Foto: Luis Vilanova).
SOCIAL

CCOO carga contra as resolucións do TSXG que tomban polígonos eólicos

A CIG impugnará o decreto que permite substituír persoal público por empresas en autorizacións ambientais para “acelerar a invasión eólica”

O teito desprendido sobre un usuario no Gil Casares de Santiago. (Fotos: CCOO)
Sanidade pública

Volve caer parte do teito do Hospital Gil Casares de Santiago, sobre un usuario "que non sufriu danos"

O teito do comedor dos pacientes da unidade de Psiquiatría deste centro caeu esta quinta feira, se ben non houbo que lamentar danos persoais, e é a segunda vez que sucede algo así en dous meses.
Policías 'cargando' sobre os manifestantes, nunha mobilización do sector do metal en Vigo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

A policía detén un traballador do metal antes da saída da manifestación do sector en Vigo

A sexta xornada de folga busca “forzar” a patronal a negociar o convenio

Manifestantes do sector do metal diante de axentes da Policía nos arredores do Ifevi de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
TRABALLO

A patronal do metal acusa a CIG de "uso político" do convenio

Os representantes das empresas pediron que se suspendan as xornadas de paro convocadas para os próximos 6, 7, 12 e 13 de xullo

Unha ambulancia xunto a un centro residencial. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
TRABALLO

O sector das ambulancias convoca 5 días de folga en xullo ante a "sobrecarga" de traballo

Representantes sindicais denuncian que a única proposta de Sanidade é implantar “ambulancias baixo custo”.

Estudantes de mecánica no IES Universidade Laboral de Ourense, o pasado 19 de maio de 2023. (Foto: Agostime / Europa Press)
Educación

O prazo de preinscrición de FP abre esta sexta feira a pesar das críticas de profesorado e estudantado

Sindicatos de profesores e profesoras lamentaron a supresión de arredor de 2.000 prazas na modalidade presencial.

Axentes da Policía española bloquearon a saída da manifestación dos traballadores do sector do metal nunhas mobilizacións acontecidas en Vigo neste 2023. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
TRABALLO

A folga do metal consegue baixar 30% a asistencia a Mindtech, a feira da patronal do sector

Traballadores do sector denuncian "fortes cargas policiais" que impediron a saída da manifestación.

Manifestantes do sector do metal diante de axentes da Policía nos arredores do Ifevi de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
TRABALLO

O sector do metal de Pontevedra volverá saír ás rúas por un convenio “digno”

Sindicatos convocan novas xornadas de folga no sector para reclamar a inclusión de melloras salariais no novo convenio colectivo.

Traballadoras e traballadores das escolas infantís denuncian unha "constante perda de poder adquisitivo". (Foto: Xunta da Galiza)
TRABALLO

Persoal de escolas infantís privadas irá á folga o 29 de xuño para reclamar un convenio "digno"

O colectivo anuncia mobilizacións o 22 e o 27 de xuño, así como unha manifestación o propio día do paro.

Manifestación do metal en Vigo (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O metal de Pontevedra mantén a folga ao fracasar as negociacións entre sindicatos e patronal

Os sindicatos critican a "falta de avance" da patronal nas negociacións do convenio.
Mobilización no CIFP Ánxel Casal (A Coruña) a pasada sexta feira. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A proposta da Xunta para FP implicaría a supresión de 2.050 prazas presenciais

A CIG advirte dos recortes da Consellaría na Formación Profesional 
Traballadores do metal concentrados esta sexta feira ante a sede de Asime en Vigo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Traballadores do metal concéntranse ante a patronal por un convenio 'digno'

O sector convocou xornadas de folga para os días 15, 20 e 22 de xuño.
A CIG cre que os datos do desemprego agochan unha faciana menos positiva (Foto: Europa Press).
TRABALLO

Sindicatos valoran os datos do paro na Galiza, mais advirten dun aumento da "desigualdade" e da "precariedade"

"Cada vez os traballadores indefinidos a tempo completo son unha excepción e non a regra", sinala a CIG.
Carga policial contra os bombeiros hai unha semana en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
TRABALLO

Convocada folga indefinida no Consorcio de Bombeiros de Lugo

O colectivo denuncia "condicións de precariedade". 
Mobilización onte no polígono da Campiña, 
en Lugo (Foto: Carlos Castro/ Europa Press).
star
TRABALLO

Profesionais do metal de Lugo viron reducido os salarios en 1.100 euros no ano 2022

Cun seguimento de 90% da folga, segundo fontes sindicais, o conflito do metal lugués continúa e haberá novas mobilizacións.