candidatura

ANÁLISE/AS CHAVES DUNHA REMODELACIÓN SORPRESA

Feijóo, entre a presión da rúa e a súa axenda como hipotético candidato en 2016

A imprensa amiga analisa as mudanzas operadas no goberno galego como un elo na cadea que o levaría finalmente a se apresentar como candidato á reelección en 2016. Esa análise desconsidera un factor moito relevante: os cambios son produto da presión social: cae unha conselleira moi deteriorada, a de Sanidade, e a de Meio Rural é afastada desta responsabilidade.

[Imaxe: Podemos]
Afirman Pablo Iglesias e Errejón

“Podemos será o nome e eixo articulador da candidatura do cambio nas xerais”

O día após do acto de Mazarelos, no que Anova, Esquerda Unida e Podemos presentaron o pre acordo para configurar unha candidatura unitaria ás eleccións xerais, o partido de Pablo Iglesias reafirma a súa vontade de concorrer aos comicios coa súa propia marca. Non facelo, salienta, foi un problema en Catalunya.

Chelo
APOSTA NUNHA "úNICA" CANDIDATURA

Cerna chama a “non marear a perdiz” sobre a candidatura unitaria galega

Reunida nun Encontro Nacional, Cerna aposta en “non marear a perdiz” e en construír un único espazo cidadán de decisión. A organización política non contempla outro escenario que unha única candidatura galega de base cidadá.

Mans cheas, candidatura galega

Xa non temos dúbidas. A natureza do debate principal na próxima lexislatura é moi evidente.

Xavier Vence [M.Montero]
POLÍTICA

BNG ve nos resultados do 27S "máis razóns" para unha candidatura de unidade

Coida que "a reforma constitucional e o futuro modelo territorial serán o gran debate" nestes comicios e defende que Galiza "debe estar en primeira persoa". 

Membros da comisión elixida
ASEMBLEA DE IXU

Máis de mil persoas apoian o proceso para ir a unha candidatura galega soberana

Máis de mil persoas acudiron hoxe á chamada de Iniciativa pola Unión co obxectivo de conseguir “unha ampla representación galega soberana” no Congreso, a través dunha candidatura nacional.

Novo Conselho da AGAL
LINGUA

Eduardo Maragoto, candidato á presidencia da AGAL

Eduardo Sanches Maragoto vén de presentar a súa candidatura ao Conselho da Associaçom Galega da Língua (AGAL) que se define como continuadora da directiva saínda. As eleccións serán o vindeiro 24 de outubro. 

POLÍTICA

Movementos sociais apoian unha candidatura nacional galega de unidade

Unha declaración pública asinada por colectivos como a  CIG, Fruga, Comités, AS-PG e a Federación Galiza Cultura, entre outros, aposta por avantar cara a ese obxectivo.

ELECCIóNS XERAIS

Vence ve “boas perspectivas” de que haxa unha candidatura única

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, considera que hai “moi boas perspectivas” de que haxa “unha candidatura única” en Galiza para concorrer ás eleccións xerais.

Consello Nacional
ELECCIóNS XERAIS

O BNG, a prol da "confluencia" para unha "candidatura de unidade nacional galega"

O Consello Nacional do BNG, que se reuniu esta mañá, acordou promover un “amplo proceso social” co fin de artellar unha “candidatura nacional galega de unidade”, de maneira que aposta en apoiar “todos os procesos de confluencia que promoven diferentes plataformas e iniciativas.

POLÍTICA

CxG e 'Marea galega' achegan posturas sobre unha candidatura de unidade

A xuntanza enmárcase na rolda de contactos deste movemento coas organizacións políticas.

A Galiza que foi e a que pode ser (ou a necesidade dunha Candidatura Galega Unitaria)

Pasou algo máis dunha semana desde que celebramos diversos actos arredor do Día da Galiza Mártir.

Candidatura unitaria. Tres preceptos básicos

Moito se vén falando da conveniencia dunha candidatura de unidade galega, e moito máis se vai
seguir falando despois de asistirmos a unha fin de semana histórica

[Imaxe: Corral] Banquete de Conxo
O DíA DESPOIS DO BANQUETE DE CONXO 2.0

Impulso a unha candidatura para un “grupo parlamentar galego soberano”

Satisfacción, ilusión e alegría foron as palabras máis repetidas tras concluír o Banquete de Conxo 2.0, que acordou, entre outras medidas, o impulso dunha candidatura en aras da consecución dun “grupo parlamentario galego soberano”, que non responda a “dependencia” nin “obediencias” alleas a Galiza.

Banquete de Conxo
REXEITAMENTO A SER "UNHA SECCIóN" DUN GRUPO ESTATAL

O Banquete de Conxo aposta nunha candidatura unitaria galega "propia"

Unha candidatura “propia” e non “unha sección” dun grupo estatal, como Podemos. O Banquete de Conxo 2.0, no que participan máis de 300 persoas, segue a perfilar as bases para crear unha candidatura galega unitaria.

bng e cg
ELECCIóNS XERAIS

O BNG e Coalición Galega apostan por unha candidatura unitaria galega

Que Galiza teña voz propia no Congreso. Esta é a principal reivindicación do BNG e Coalición Galega, que apostan pola necesidade de conformar unha gran candidatura galega de cara ás eleccións xerais.

carlos ares
CARLOS ARES, UN DOS PROMOTORES DO BANQUETE DE CONXO

"No Banquete hai inscritas 220 persoas, mais agardamos unha asistencia maior"

O guionista Carlos Ares forma parte da comisión promotora do Banquete de Conxo 2.0, que terá lugar este domingo para tratar de lograr unha candidatura unitaria galega de cara ás eleccións estatais do outono. Conversamos con el para que nos explique en que consiste esta xuntanza.

GZfoto
POLÍTICA

Voces de unidade urxen a candidatura nacional galega

Diversos manifestos pulan pola constitución dunha proposta electoral que artelle un grupo parlamentar propio para Galiza nas Cortes españolas. Unha ferramenta, defenden, que “combata pola nosa dignidade colectiva” e os intereses do país.

Voltar á terra (2)
POLÍTICA

A mocidade emigrada defende unha candidatura galega

A plataforma Voltar á Terra lanza un Decálogo por un país en pé no que chaman o movemento xuvenil e a mocidade galega a se "converter en protagonista" como "motor imprescindíbel" do cambio.

Fronte Obreira Galega
POLÍTICA

Fronte Obreira Galega e BNG a prol dunha candidatura galega

Ambas as dúas formacións coiniciden en sinalar que a representación da Galiza sen subordinacións a "estruturas partidarias foráneas" é "a mellor garantía para que Galiza estea presente neste momento de cambio político".