Feijóo di que os cambios no goberno continuarán "nas próximas semanas e meses"

O presidente da Xunta atribúe a destitución de Mosquera e as mudanzas no executivo a un "ciclo económico máis expansivo".

feijoo
photo_camera [Imaxe Xunta]

Esta segunda feira (5 de outubro) tomaron posesión do seu cargo as novas incorporacións ao Goberno galego após a profunda reforma aprobada por Alberto Núñez Feijóo o domingo

No acto oficial, o presidente da Xunta asegurou que a "renovación" non rematou e que deberán "concretala nas próximas semanas e meses". O mandatario apuntou o debate sobre política xeral e os orzamentos de 2016 como o punto de inicio para estes cambios que, no entanto, non dá por rematados até que "os galegos se sintan identificados" con eles. 

Feijóo atribúe a remodelación do seu executivo a un "ciclo económico máis expansivo", embora as forzas da oposición o coidan un reflexo da "crise de goberno" que atinxe o Partido Popular na Galiza e do seu "fracaso". 

No punto de mira dos movementos de Feijóo atópase a destitución de Rocío Mosquera á fronte da Consellaría de Sanidade, aínda que encuberta. Feijóo dixo dela que deixa a sanidade "mellor do que a atopou". Pola súa banda, a ex-conselleira asegurou que este servizo é agora "máis viábel e sostíben", porén non fixo referencia algunha ao conflito do novo hospital de Vigo, onde o cadro de persoal mantén as súas protestas pola carencia de profesionais e materiais. Denuncias ás que se suman @s doentes através das redes sociais e de reclamacións administrativas. 

Comentarios