BNG e 'Marea galega' reúnense para intercambiar visións sobre unha candidatura galega

Ambas as dúas partillan a idea dun procedemento aberto e inclusivo.

manifestación sector lácteo

Delegacións do BNG e do Encontro cidadán por unna marea galega mantiveron estes días unha xuntanza para intercambiar visións, análises e propostas sobre a conformación dunha candidatyura galega de cara ás xerais, segundo informa a fronte nacionalista nun comunicado. No encontro, o Bloque trasladou a súa “vontade de contribuír á conformación dunha candidatura nacional galega” na que a defensa dos intereses da maioría social vaia da man de que Galiza “estea presente con voz propia” nun contexto político “no que o debate sobre a soberanía e o recoñecemento das nacións vai dominar a axenda política do estado”. De aí a nacesidade dunha “candidatura galega, sen ataduras nin subordinacións, que permita a constitución dun grupo parlamentario propio”.

No comunicado sinálse que que hai coincidencia en que o método de conformación da candidaturadebe ser mediante un procedemento “aberto e inclusivo, articulando os medios para que a elaboración do programa e a confección das candidaturas permita incorporar persoas a título individual, movimentos sociais e forzas políticas”.

No remate da reunión, ambas representacións acordaron manter abertas as canles de comunicación. Os órganos de decisión do Bloque Nacionalista Galego debaterán a posibilidade de que unha representación da fronte acuda ao encontro aberto que a iniciativa Encontro Cidadán por unha Marea Galega está a propor para o vindeiro 12 de setembro.




 

Comentarios