ELECCIóNS XERAIS

Vence ve “boas perspectivas” de que haxa unha candidatura única

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, considera que hai “moi boas perspectivas” de que haxa “unha candidatura única” en Galiza para concorrer ás eleccións xerais.

Xavier Vence Radio Galega (Foto: BNG)
photo_camera Xavier Vence Radio Galega (Foto: BNG)

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Vence sinalou que “hai moi boas perspectivas de que acabe callando unha candidatura única, unitaria, plural, para defender Galiza”, unha candidatura, apuntou, “que poida englobar o espazo do nacionalismo e non só o nacionalismo, senón aqueles que ven Galiza como nación”.

O dirixente nacionalista insistiu en advertir de que o BNG considera clave a creación dun grupo parlamentar propio non subordinado a forzas estatais. “Do que se trata é de que Galiza teña voz propia e unha voz soberana. Isto só pode materializarse na medida en que teñamos un grupo parlamentar propio que obedeza o que decidamos aquí”, salientou.

Xavier Vence, que sinalou que na terceira semana de setembro “deberíamos saber a aposta que fai cadaquén, puxo de manifesto que “é o momento de que se lles recoñeza ás nacións os seus plenos dereitos e que tamén se recoñeza o dereito a decidir de maneira democrática o futuro de cada unha desas nacións”.

Comentarios