Eduardo Maragoto, candidato á presidencia da AGAL

Eduardo Sanches Maragoto vén de presentar a súa candidatura ao Conselho da Associaçom Galega da Língua (AGAL) que se define como continuadora da directiva saínda. As eleccións serán o vindeiro 24 de outubro. 

Novo Conselho da AGAL
photo_camera Actual directiva da AGAL

Sob o lema 'Polo Novo Consenso', Maragoto encabeza un equipo que inclúe xente da cultura como o escritor Carlos Quiroga, o profesor e músico Eliseu Mera ou a poeta Susana Arins. Completan a candidatura José Calleja, Jon Amil, Ricardo Fil e Xico Bugueiro. 


Eduardo Maragoto, membro do atual Conselho da AGAL e profesor de Portugués na Escola Oficial de Idiomas de Compostela, é o candidato de 'Polo Novo Consenso' à Presidencia da asociación. Esta candidatura preséntase com dúas liñas programáticas: o desenvolvemento da Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa Lusofonia (Lei Paz Andrade); e o fomento do recoñecemento entre identidade galega e reintegracionismo.


Alén disto, esta candidatura propón unha norma unitaria que optimice as dúas tradicións gráficas que conviven no reintegracionismo: a norma AGAL e o padrón portugués adaptado ao galego. 

Maragoto substituiría ao actual presidente, Miguel Rodríguez Penas, actual xefe de gabinete do Concello de Santiago.

Comentarios