APOSTA NUNHA "úNICA" CANDIDATURA

Cerna chama a “non marear a perdiz” en defensa dunha única candidatura unitaria galega

Reunida nun Encontro Nacional, Cerna aposta en “non marear a perdiz” e en construír un único espazo cidadán de decisión. A organización política non contempla outro escenario que unha única candidatura galega de base cidadá.

Chelo
photo_camera Chelo

Cerna convocou esta mañá en Vilagarcía de Arousa un Encontro Nacional no que analizou e debateu sobre a necesidade dunha “candidatura galega de unidade popular”, que a organización concibe como “soberana” a todos os niveis. Neste sentido, chama a deixar de “marear a perdir” en defensa dun único espazo cidadán de decisión.

Nun comunicado asinado pola deputada Consuelo Martínez, Cerna asegura que porá todas as súas "enerxías" lograr unha única candidatura galega de base cidadá, polo que fai un chamamento ao “entendemento” e á “confluencia” de todas as partes. “Só a unidade pode garantir a presenza con peso de Galiza no novo escenario que se debuxa para as próximas Cortes Xerais”, engade o comunicado.

Comentarios