cambio climático

Plenario da reunión dos países amazónicos, a terza feira en Belém do Pará, o Brasil. (Foto: Ricardo Stuckert / PR)
star
INTERNACIONAL

Países amazónicos abordan a fin da deforestación

Dous anos antes de que o Brasil organice a Conferencia sobre Cambio Climático da Organización das Nacións Unidas, o país acolle unha xuntanza dos Estados que comparten a Amazonia (Bolivia, Colombia, Ecuador, Güiana, Perú, Surinam, Venezuela e o propio Brasil), para fixar mecanismos comúns que permitan reverter a deforestación e combater o crime organizado.
boia
star
SOCIAL

A suba da temperatura nas rías galegas pon en alerta científicos e sector do mar

A temperatura da auga na costa e rías galegas aumenta e xa deixou este anos marcas históricas, como os 20 graos na ría de Vigo en maio ou os 21 de Burela esta semana. As tradicionais augas frías das Rías Baixas evolucionan cara a mornas, nun fenómeno que, segundo científicos e profesionais do mar, vai ter consecuencias. 
Unha nube de fume procedente dun incendio forestal en Toén (comarca de Ourense) eclipsa o sol en agosto de 2020 (Foto: Rubén Bermejo).
star
Análise

Por unha lei galega do clima consciente da emerxencia

Marga Tojo é xornalista, escritora  e comunicadora.
O risco de incendios forestais aumenta no contexto de emerxencia climática. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Medio Ambiente

A Federación Ecoloxista Galega propón refacer a Lei do clima, que ve "pouco útil" e "incongruente"

A FEG vén de solicitar a retirada do anteproxecto da Lei do clima da Galiza e a elaboración dun novo texto que permita alcanzar de forma "real e eficaz" o obxectivo de neutralidade climática que fixa o regulamento europeo.
As lapas alcanzaron a localidade de Kiotari, na illa grega de Rodas, a cuarta feira. (Foto: Christoph Reichwein / DPA)
star
INTERNACIONAL

A crise climática queima a ribeira do mar Mediterráneo

Un recente estudo abre a porta a que xullo sexa o mes máis quente dos últimos 120.000 anos, e até en toda a historia da humanidade. Unha situación conectada co aumento da temperatura global debido á queima de combustíbeis fósiles. Isto explica a calor extrema que impulsou a vaga de incendios nos países mediterráneos.
Na tempada de primavera e verán de 2023 rexistráronse 423 partículas por millón de CO2 na atmósfera. (Foto: Gudellaphoto)
star
Análise

O clima perdido das eleccións

Xabier Vázquez Pumariño é biólogo, ornitólogo, consultor ambiental e activista no movemento ecoloxista.
Tedros Adhanom Ghebreyesus. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

A OMS insta a "actuar agora" ante a onda de calor no hemisferio norte

O suroeste dos Estados Unidos supera os 53°C e a China os 52°C, a maior temperatura rexistrada por riba do paralelo 40 norte.
oceano nature verde
SOCIAL

O cambio climático está mudando a verde a cor dos océanos

Un estudo da revista “Nature” sinala que nos últimos 20 anos máis da metade dos océanos pasaron de tons azuis a máis verdes.

A candidatura de Sumar pola Coruña visitou hoxe Outes. (Foto: Nós Diario)
23-X

Sumar advirte que o cambio climático "pode converter Galiza no norte de África"

"A transición ecolóxica non é algo só inevitábel, senón que debe ser positivo para o noso país, para a vida das persoas", sinala Manuel Lago.
A contaminación é un factor de risco moi importante para as crianzas europeas (Foto: Europa Press).
SOCIAL

99% das crianzas europeas teñen presenza nos seus corpos de substancias tóxicas

Segundo o European Enviromental Bureau (EEB), que agrupa 180 organizacións ambientais europeas, a exposición xeneralizada da poboación europea a tantas substancias tóxicas, con frecuencia a concentracións que poñen en risco a saúde, é unha proba incuestionábel de fracaso da actual lexislación europea de substancias tóxicas.
Área deforestada na Amazonia brasileira a comezos de 2023. (Foto: Jens Büttner / DPA)
star
Medio Ambiente

Cada minuto o mundo perde un bosque primario igual a 11 campos de fútbol

Catro millóns de hectáreas de selva foron cortadas ou queimadas en 2022 en todo o planeta. A destrución dos bosques é unha lacra que padecen case en exclusiva os países entre o trópico de Cáncer e o de Capricornio, mais que afecta toda a humanidade.
Mia Mottley, líder de Barbados. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

O cumio de París considera chaves os Bancos de Desenvolvemento nunha reunión sen apenas avances

Rematou a Cimeira por un Novo Pacto Financeiro Global con acordos modestos e de pouca concreción.
Emmanuel Macron, presidente francés, na súa intervención a quinta feira. (Foto: Dario Pignatelli / European Counci / DPA)
INTERNACIONAL

Macron pide un "choque de financiamento público" para os países máis vulnerábeis

Comezou o Cumio por un Novo Pacto Financeiro Global en París coa presenza de máis de 40 xefas e xefes de Estado e múltiples organizacións internacionais.

Un verán fatal

Pleno Infantil no Parlamento da Galiza organizado por Aldeas Infantís SOS, ao abeiro do programa 'Deputados por un día'. (Foto: Nicolás Gómez Carballo)
Agora

Estudantes de Primaria votan como 'deputados' no Parlamento a favor da loita contra o cambio climático

A organización Aldeas Infantís SOS organizou esta segunda feira a xornada de 'Deputados por un día' no Parlamento da Galiza. 80 alumnos e alumnas de Primaria tornaron en 'parlamentarios' e proclamaron as súas propostas para sometelas a votación do hemiciclo infantil. En concreto, as e os estudantes, de catro centros educativos distintos —San Pelayo-Emma, de Santiago; Poeta Uxío Novoneyra, de Seoane do Courel; Pai Feijoo Zorelle, de Ourense, e Nazaret, de Cangas—, realizaron 12 propostas que logo votaron en urna para levalas a cabo na súa contorna. O compromiso máis apoiado polos alumnos foi a loita contra o cambio climático, reivindicando que se utilice máis o transporte público ou a bicicleta. Aliás, reflexionaron sobre a importancia e a responsabilidade na aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) de Nacións Unidas, coa intención de fomentar o valor da Axenda 2030.

Igrexa de Santa María de Vilar, en Guitiriz (comarca da Terra Chá). [Foto: Nós Diario]
SOCIAL

O cambio climático tamén afecta o patrimonio monumental: así dana o granito

Unha investigación da Universidade de Santiago de Compostela recreou as condicións ás que se poden ver sometidas as comunidades biolóxicas que colonizan os monumentos construídos en granito co fin de predicir o impacto do cambio climático en gran parte do patrimonio artístico.
A agricultura industrial ameaza o futuro dos polinizadores. (Foto: Nós Diario).
Medio Ambiente

A abella, unha sentinela en perigo: a mortaldade triplicouse nos últimos 40 anos

O colectivo Máisquemel prepara unha xornada conmemorativa do Día Mundial das Abellas este sábado en Santiago.
Mariñeiros peruanos preparan as redes de pesca nun bote no medio do océano Pacífico. (Foto: Alex Fernández)
star
INTERNACIONAL

Aumentan a 63% as probabilidades de que 'O Neno' comece entre maio e xullo

Os Estados costeiros do océano Pacífico comezan os preparativos para afrontarse a cambios extremos na súa climatoloxía.
Cristina Botana e Sés. (Foto: Feitoría Verde)
SOCIAL

Literatura, música, arquitectura e teatro debatiron para axudar a frear o cambio climático

Nas palestras participaron o Grupo Chévere, Sés, Cristina Botana, María Reimóndez e Laura M. Castro.

O privilexio da contemplación