Estudantes de Primaria votan como 'deputados' no Parlamento a favor da loita contra o cambio climático

A organización Aldeas Infantís SOS organizou esta segunda feira a xornada de 'Deputados por un día' no Parlamento da Galiza. 80 alumnos e alumnas de Primaria tornaron en 'parlamentarios' e proclamaron as súas propostas para sometelas a votación do hemiciclo infantil. En concreto, as e os estudantes, de catro centros educativos distintos —San Pelayo-Emma, de Santiago; Poeta Uxío Novoneyra, de Seoane do Courel; Pai Feijoo Zorelle, de Ourense, e Nazaret, de Cangas—, realizaron 12 propostas que logo votaron en urna para levalas a cabo na súa contorna. O compromiso máis apoiado polos alumnos foi a loita contra o cambio climático, reivindicando que se utilice máis o transporte público ou a bicicleta. Aliás, reflexionaron sobre a importancia e a responsabilidade na aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) de Nacións Unidas, coa intención de fomentar o valor da Axenda 2030.

Pleno Infantil no Parlamento da Galiza organizado por Aldeas Infantís SOS, ao abeiro do programa 'Deputados por un día'. (Foto: Nicolás Gómez Carballo)
photo_camera Pleno Infantil no Parlamento da Galiza organizado por Aldeas Infantís SOS, ao abeiro do programa 'Deputados por un día'. (Foto: Nicolás Gómez Carballo)
Comentarios