cambio climático

Unha persoa investigadora contra o VIH (Foto:  RFBSIP)
SOCIAL

O cambio climático, a desigualdade e as guerras frean os avances na loita contra a sida, a tuberculose e a malaria

Un informe do Fondo Mundial revela que, aínda que os resultados na loita contra o VIH, a tuberculose e a malaria superan as cifras previas á Covid-19, a concorrencia de diversas crises afasta o mundo da senda para alcanzar as metas de 2030.
Estado das rúas de Derna, en Libia, a segunda feira. (Foto: Goberno do leste de Libia / Xinhua News / Contactophoto)
star
INTERNACIONAL

A ONU vincula a guerra civil en Libia co alto número de mortes nas inundacións

A meirande parte dos falecementos en Libia, que poderían alcanzar os 20.000 só en Derna, eran evitábeis, incidiu a ONU, que atribuíu ao conflito no país a carencia dun sistema de alerta temperá. 
Coches arrastrados polas inundacións en Derna, en Libia, a segunda feira. (Foto: Goberno do leste de Libia / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

'Daniel' arrasa Libia e causa máis de 5.000 mortes

Á situación límite de Libia, dividida en dous Gobernos rivais e sumida nunha guerra civil desde que a OTAN lanzou un ataque contra o país hai máis dunha década, engádenselle as inundacións masivas que causaron milleiros de mortes, entre lentos esforzos de rescate marcados pola fraxilidade das poucas institucións que aínda quedan en pé.
Plenario da cimeira do G20 en novembro de 2022, nunha edición organizada por Indonesia. (Foto: Leon Neal / PA Wire / DPA)
star
INTERNACIONAL

O G-20 aceptará a Unión Africana esta fin de semana como membro permanente

Amais das discusións sobre arquitectura financeira mundial ou cambio climático, a cimeira do G-20 desta fin de semana permitirá á Unión Africana ingresar no foro e defender os intereses do continente, comezando a superar a súa baixa representación nos órganos internacionais.
Estado a cuarta feira dos restos da estrada entre Volos e Portaria, en Grecia, após colapsar pola tromba de auga procedente das chuvias. (Foto: Axencia meteorolóxica de Grecia)
star
INTERNACIONAL

Multiplícanse os fenómenos meteorolóxicos extremos tras o verán máis cálido rexistrado

Inundacións repentinas, cada vez máis frecuentes polo cambio climático, arrasaron o centro de Grecia, a costa búlgara e varias zonas de Turquía. De momento, foron confirmados catorce falecementos.
António Guterres. (Foto: Lev Radin / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

A ONU insta aos países desenvoltos a cumprir os compromisos climáticos

Kenya propón comezar o debate para implementar un imposto mundial ao carbono.
Un home participa na extracción do mexillón. (Foto: Agostime)
ECONOMÍA

A alta temperatura da auga, sen vento norte e o continuo desove do mexillón alarman aos bateeiros

O sector explica que a cuncha ten "un bo crecemento" pero a vianda "non" e cren que hai algo que "lle afecta bruscamente"
O deputado nacionalista Luís Bará, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG propón un gran pacto pola auga e presenta medidas contra o cambio climático

Para Luís Bará, o cambio climático está "a xerar riscos reais para o futuro" da Galiza e constitúe "un dos tres desafíos máis importantes" aos que o país "terá que enfrontarse nos próximos anos".
Os sindicatos agrarios alertan sobre as consecuencias da carencia de precipitacións e do aumento das temperaturas sobre os pastos (Foto: Darío Peña).
Análise

A saúde do solo e a neutralidade climática

Rosa Mosquera é catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC.
Imaxe do encoro de Belesar, no río Miño, onde a escaseza de auga se fixo visíbel este mes de agosto. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

Soberanía e xeoestratexia

Fernando de Llano é profesor titular do Departamento de Empresa da UDC. Experto en economía da enerxía, planificación e seguridade enerxéticas
O embalse de Belesar (entre as comarcas de Chantada e Lemos),  baixo mínimos, a comezos de agosto. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
SOCIAL

A Lei do Clima, entre a "ineficacia" e a "renuncia" ás capacidades da Galiza

O anteproxecto da Xunta recibe emendas e críticas desde diferentes sectores
A contaminación é un factor de risco moi importante para as crianzas europeas (Foto: Europa Press).
SOCIAL

As emisións de gases de efecto invernadoiro creceron máis de 3% na Galiza en 2021

O sector do transporte e da enerxía lideraron o incremento.
Vista do lago Titicaca nunha imaxe de arquivo (Foto:  Europa Press / Contacto / John Milner).
INTERNACIONAL

O lago Titicaca rexistra mínimos históricos nos seus niveis de auga por causa do cambio climático

O Servizo Nacional de Meteoroloxía e Hidroloxía (Senamhi) do Perú declarou na madrugada desta cuarta feira que o lago só obtivo unha media mensual en xuño último de 3,808.503 metros, o nivel máis baixo desde 1948.

Alteración climática e urxencias

As imaxes dun dron captan o derrube dunha casa en Juno tras as inundacións glaciares da pasada fin de semana en Alaska (Foto: @twowildhearts).
star
Análise

Rebaixar a crispación para un futuro habitable

Leonor Parcero é licenciada en publicidade e experta en comunicación social da ciencia. Vicepresidenta de DivulgAcción.

A chuvia nosa

De esquerda a dereita e de arriba cara abaixo: Cangrexo americano, uña de gato ou herba do coitelo, herba da pampa e visón americano. (Fotos: Nós Diario)
star
Medio Ambiente

Na Galiza hai 165 especies invasoras que ameazan con extinguir a flora e a fauna nativas

Da tartaruga de Florida ás herbas de coitelo, do cangrexo sinal á acacia, o visón americano ou argazo xaponés. As especies exóticas invasoras están en diferentes hábitats do territorio galego, implicando en moitos casos serias ameazas para a flora e fauna autóctona. E a súa presenza vai ir a máis.
Fogo forestal en Chipre. (Foto: Kostas Pikoulas / Zuma Press Wire / DPA)
INTERNACIONAL

Xullo foi o mes máis cálido a nivel mundial desde que hai rexistros

Bátense as marcas de temperatura tanto no ar como no océano, chegando a superar a temperatura ambiente os 1,5ºC de diferenza coa era preindustrial que os Estados do mundo puxeran como límite de quecemento.
Encoro de Belesar, en Chantada, esta fin de semana. (Foto: Europa Press)
star
Cambio climático

Así será a Galiza de 2050: clima mediterráneo, até 40% máis de vagas de calor e adeus ao orballo

A Galiza vive a súa primeira vaga de calor deste verán, após librarse das dúas anteriores que si afectaron o resto da península Ibérica. Estudos e predicións apuntan a unha Galiza que en poucas décadas deixará atrás o clima oceánico húmido para pasar a ser un país de clima mediterráneo, con todo o que iso implicará.

Xa é tarde