CULTURA
Mario Regueira
02/xul./22 12:58
Narelle Jubelin (Sydney, 1960), formada en Belas Artes e cun posgrao en Estudos da Arte, nos anos 80 participa en movementos artísticos australianos como a Galería Firstdraft, un espazo autoxestionado por artistas, e comeza tamén unha longa carreira internacional de exposicións individuais e colectivas, como a célebre Cocido y crudo (MNCARS, Madrid, 1994). Afincada no Estado español desde 1996, o Centro Galego de Arte Contemporánea presentaba o pasado xuño a súa exposición Nalgures, comisariada por Natalia Poncela, un percorrido por diferentes espazos evocados que non teme dialogar co espazo compostelán, ademais de incluír varias obras anteriores.