Australia mobilízase para apoiar o 'si' no referendo de outono a prol da poboación aborixe

Entre agosto e decembro terá lugar o referendo para decidir sobre o recoñecemento da poboación indíxena, dándolle entrada na Constitución e voz para decidir.
A poboación aborixe representa 3% e non figura na Constitución.
photo_camera A poboación aborixe representa 3% e non figura na Constitución.

O Senado australiano aprobou o pasado 19 de xuño a organización dun histórico referendo constitucional sobre os dereitos dos pobos indíxenas e a figura dun representante que dea voz a esta poboación no Parlamento, un proxecto que divide os australianos.

Este domingo Miles de persoas manifestáronse en Australia para apoiar o 'si' no referendo que terá lugar antes de finais de ano, convocadas polo grupo de presión Yes 23.

Camberra, Sídney e Melbourne acolleron algunhas das mobilizacións nun momento en que as enquisas sitúan os votos a favor do recoñecemento da poboación indíxena por baixo de 50%.

Mundanzas na Carta Magna

Chegado o día, Australia deberá responder se aproba ou non unha proposta de lei para modificar a Constitución.

Australia ten a "oportunidade" de compensar séculos de inxustiza contra o pobo aborixe e darlle por fin unha "voz" á hora de tomar decisións no Parlamento, defendeu o Goberno no momento de aprobar o referendo.

A reforma suporía que os aborixe australianos, cuxos devanceiros levan vivindo no país polo menos durante 60.000 anos, sexan recoñecidos por primeira vez na Carta Magna, de 1901; ademais de gañar o dereito a seren consultados polo Goberno á hora de tomar decisións e pór en marcha proxectos de lei que poidan afectar as súas comunidades.

De ir adiante, a Constitución incluirá un novo capítulo: "Reconciliación cos Pobos Aboríxes e os insulares do Estreito de Torres".

A poboación indíxena representa 3,2 % dos máis de 25 millóns de habitantes que ten Australia. Foron vítimas de constantes malos tratos desde a colonización, ademais de ser desposuídos das súas terras e discriminados sistematicamente por institucións, organizacións e a propia sociedade.

Comentarios