Xosé Manuel Beiras

Ana Pontón e Xosé Manuel Beiras. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
star
Análise

O sorriso nacionalista

Afonso Eiré é xornalista.
BEIRAS
18-F | Vídeo

A mensaxe de Xosé Manuel Beiras: "Só o BNG pode dar a volta á situación e desaloxar o PP da Xunta"

O histórico líder nacionalista grava un vídeo no que pide o apoio a Ana Pontón de cara ao 18-F: “Temos unha oportunidade”.

POLÍTICA

GALERÍA | Así foi a conversa entre Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega

Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, esta sexta feira, en Compostela. (Foto: César Arxina / Europa Press)
18-F

Beiras e Noriega fechan filas co "liderado" de Pontón e piden o voto para o BNG

A candidata do BNG, o histórico nacionalista e o portavoz de Anova participaron nun coloquio moderado pola directora de Nós Diario, María Obelleiro.

 

O abrazo icónico entre Xosé M. Beiras e Ana Pontón

Ana Pontón (BNG) y Martiño Noriega (A Nova), con Beiras detras, tras firmar acuerdo para candidatura conjunta a elecciones autonómicas 18F
18-F

Beiras e Noriega súmanse á campaña do BNG e participan nun acto con Pontón

Os tres participan esta sexta feira en Compostela nun coloquio que modera a directora de ‘Nós Diario’, María Obelleiro

Xosé Manuel Beiras intervindo no acto de homenaxe a Aurichu, o pasado 11 de xaneiro. (Foto: Arxina)
Reportaxes

Aurichu: 'Na fronte unha estrela, no bico un cantar'

O 11 de xaneiro, o Museo do Pobo Galego, en Compostela, homenaxeaba Aurichu Pereira, falecida o 1 de novembro de 2023. Eis a intervención do seu compañeiro de vida, Xosé Manuel Beiras, no acto de lembranza da artista.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Brais Morán, a Candeloria e Aurichu Pereira protagonizan o 'Sermos Galiza'

Neste novo número do semanario, á venda durante a fin de semana, entrevistamos o músico Brais Morán e afondamos nas orixes e celebracións vinculadas á festa da Candeloria. Ademais, reproducimos a intervención íntegra de Xosé Manuel Beiras no acto de homenaxe a Aurichu Pereira.
Xosé Manuel Beiras, Encarna Otero, Ana Pontón, Camilo Nogueira, Suárez Canal e Suso de Toro, en Santiago, na estrea do documental (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Anova pedirá o voto para o BNG nas eleccións galegas

A portavoz nacional e candidata do Bloque Nacionalista Galego á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, e o cofundador e actual coordinador nacional de Anova-Irmandande Nacionalista, Martiño Noriega, asinarán este domingo un acordo entre ambas as formacións políticas que, ao cabo, significa unha declaración de intencións para concentrar o voto na figura da actual máxima dirixente do Bloque.
Homenaxe a Aurichu Pereira no Museo do Pobo Galego, esta quinta feira. (Foto: Arxina)
CULTURA

O Museo do Pobo lembra Aurichu Pereira, "unha adiantada ao seu tempo"

O Museo do Pobo Galego celebrou esta quinta feira un acto de homenaxe a Aurichu Pereira, artista plástica, música, deseñadora de moda e muller comprometida co nacionalismo galego As voces presentes no museo compuxeron un retrato que iluminaba moitas das caras dunha muller comprometida, de vontade férrea e cunha personalidade capaz de aúnar vontades e crear lazos de afecto. 
 
Xosé Manuel Beiras, diante do escano de Alberto Núñez Feixoo, no tenso pleno do Parlamento do 24 de abril de 2013. (Foto: RTVE)
VÍDEO

Marcial Dorado, un presidente esquivo e o porqué do golpe de Beiras no escano de Feixoo

O presidente do PP rememora o día no que o nacionalista Xosé Manuel Beiras foi até o seu escano no Parlamento galego para demandarlle "un pouco de decencia" e asegurar que non era un dirixente "digno" para Galiza, unha actitude que equipara agora á agresión do ultradereitista Ortega Smith a un edil de Más Madrid mais da que non explica a súa intrahistoria e contexto.
A pintora Aurichu Pereira, en 2011.
CULTURA

Falece aos 83 anos Aurichu Pereira, referente da pintura galega

A pintora compostelá, que comezou a exercitarse na arte, da man de Carlos Maside, faleceu na cuarta feira, 1 de novembro, aos 83 anos de idade.

Intervención de Beiras na Selic. (Foto: Europa Press)
VÍDEO NO INTERIOR

Beiras: "A resistencia está no voto nacionalista"

"A esquerda española estrita, dado o recital de estupideces e desencontros, de falta de lucidez e de memoria histórica desde o pasado ano, sufriu unha catástrofe. Pero o nacionalismo, desde a cuestión nacional, resistiu moito mellor", dixo esta cuarta feira desde a Selic de Santiago.
O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Beiras pide votar o nacionalismo galego para facer fronte á "vaga fascista"

"Eu podo fiarme máis diso, polo que vimos, que do que poida facer a esquerda española propiamente dita", manifestou, nunha entrevista a 'Europa Press' co obxectivo de sondar a súa opinión de cara ao 23 de xullo na que defendeu votar en chave "nacionalista", que agora está representada nas "institucións" polo BNG.

Francisco del Riego con Xosé Manuel Beiras no castelo de Baiona en 1966 (Imaxe: Arquivo Antón Mascato)
star
Reportaxes

Paco del Riego, Galaxia e o PSG: das "misas dos ateos" en Bonaval a partillar militancia

Modestamente republicano, nacionalista e socialista. Así é como define Xosé Manuel Beiras Torrado a Francisco del Riego. Un home de inconfundíbeis trazos que delataban o seu "irredutíbel optimismo da vontade". O autor trata neste artigo os primeiros encontros entre ambos nas misas dedicadas a Rosalía en San Domingos de Bonaval, mais tamén o papel de Del Riego na fundación de Galaxia e na constitución do PSG. "A osmose entre a Galaxia de Paco e o PSG de Paco tamén é plena e constante", resume.
O ex rexedor de Teo e Compostela e líder de Anova, Martiño Noriega, é candidato ao Parlamento.
POLÍTICA

Martiño Noriega volve á fronte de Anova para rearmala ante as eleccións municipais

Berias ocupará un posto na dirección sen tarefas executivas e a edila viguesa Oriana Méndez será coencargada de relacións políticas

Xosé Manuel Beiras (centro), xunto a Carlos Aymerich (esquerda) e Xavier Vence (dereita), nun acto decorrido esta cuarta feira en Compostela. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Estaría disposto Beiras a volver á primeira liña política?

"Son un vello rabudo e sigo tendo as mesmas ideas, cada vez máis rotundas", dixo esta cuarta feira, antes de recoller un galardón na Facultade de Historia da USC.
Xosé Manuel Beiras, Encarna Otero, Ana Pontón, Camilo Nogueira, Suárez Canal e Suso de Toro, en Santiago, na estrea do documental (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira e Ana Pontón, xuntos na presentación do documental sobre os 40 anos do BNG

O BNG deu inicio este 14 de setembro aos actos de conmemoración dos 40 anos da súa fundación coa presentación dun documental realizado pola Fundación Galiza Sempre que recolle imaxes inéditas da creación en 1982 do Bloque. Con tal motivo, o Teatro Principal de Compostela contou coa presenza de históricos dirixentes nacionalistas, como Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez, Mario López Rico ou Encarna Otero, entre outros, xunto a Ana Pontón.
 
Fundación do BNG no frontón de Riazor, en 1982 (Imaxe: BNG)
POLÍTICA

Beiras, Francisco Rodríguez e Encarna Otero asistirán á estrea do documental sobre os 40 anos do BNG

Na tarde da cuarta feira, 14 de setembro, terá lugar a estrea do documental que lanza o BNG con motivo do 40 aniversario da súa fundación. O Teatro Principal de Compostela contará coa presenza de históricos dirixentes nacionalistas, como Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez e Encarna Otero, que confirmaron a súa asistencia.

Xosé Manuel Beiras (Imaxe: Arxina)
Entrevistas

Xosé Manuel Beiras: "Vexo posíbel unha alternativa ao PP para 2024"

Xosé Manuel Beiras (Compostela, 1936) vén de publicar Retratos en fite (Laiovento), unha compilación de perfís de persoas coas que tivo relación. A saída desta obra coincide cos cincuenta anos da primeira edición d'O atraso económico da Galiza, que defende a tese de que a Galiza é unha colonia. "Sígoa mantendo", asevera un Beiras que explica que "estamos peor que hai 40 anos". Nunha demorada conversa, ofrece unha análise da actualidade sociopolítica e económica. Falarmos de todo isto, exemplifica, "é como comer cereixas, colles unha e non paras".