POLÍTICA

GALERÍA | Así foi a conversa entre Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega

A caravana electoral do Bloque Nacionalista Galego (BNG) fixo unha parada esta sexta feira na capital galega para reunir a candidata á Presidencia da Xunta da Galiza, Ana Pontón, o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, e o portavoz nacional de Anova, Martiño Noriega, nun acto no que os dous 'irmandiños' fecharon filas co "liderado" de Pontón e coincidiron en que o 18 de febreiro Galiza pode facer historia cun Goberno presidido, por primeira vez nos 43 anos de autonomía, por unha muller e nacionalista.