O comité de Albada pide o rescate da concesión para evitar recortes
Urbaser dá vén de presentar un Expediente de regulación de Temporal de Emprego e unha modificación das condicións laborais.
Urbaser dá vén de presentar un Expediente de regulación de Temporal de Emprego e unha modificación das condicións laborais.
O alcalde de Lugo non quixo acordar co comité de folga un novo decreto após o xulgado de lugo suspender o asinado polo rexedor ao considerar contrario ao dereito de folga.
A concesionaria retirou material das naves que posúe na cidade amurallada acompañada dun forte dispositivo policial habilitado polo concello.
A asemblea de traballadoras e traballadores rexeitou por unanimidade a proposta do mediador.
Lembran que até o de agora a greve "foi limpa" mais que de non cesar na contratación de persoal foráneo, "a responsabilidade vai caer sobre alguén".
O comité de folga e representantes da concesionaria reuníronse na noite do 14 de xullo. O contacto ficou suspendido, ao igual que o xuízo pola vulneración do dereito a folga.
O alcalde de Lugo non suspenderá o contrato após recoller a empresa perto do cento por cento do lixo exixido polo concello.
Após seis horas de xuntanza a mesa de negociación entre o comité de folga e Urbaser desfíxose polo rexeitamento da empresa a aceptar a proposta ofrecida polo mediador.
Após a denuncia presentada polo comité de folga Inspección de Traballo sinala que a concesionaria cometeu unha infracción por vulnerar o dereito a folga do plantel ao contratar persoal foráneo para recoller os desperdicios.
O comité de folga denunciou que se está a "vulnerar o dereito a folga" após empregar a concesionaria [email protected] doutras localidades para recoller os residuos acumulados logo de 25 días de paro.
PP e PSOE rexeitaron en sesión plenaria que o Concello intervise no conflito de Urbaser, como propuñan [email protected] e BNG, mais a empresa convocou o comité de folga para iniciar a negociación dun novo convenio colectivo.
O comité de folga e as centrais sindicais (CIG, CC.OO, USO) pediron através dunha moción presentada no Concello de Lugo que se "resgate o servizo" perante a negativa de Urbaser a dar solución ao conflito.
Será a asemblea de [email protected] a que decida se finalmente convocan un paro na capital galegapor mor das negociacións do convenio colectivo e en solidariedade coa loita iniciada en Lugo.
A empresa concesionaria da recollida de lixo en Lugo comunicou o despedimento [email protected] 11 [email protected] que compoñen o comité de folga e o proceso sancionador aberto contra [email protected] 60 [email protected] Desde o plantel advirten que o seu "obxectivo prioritario" é agora dar a batalla contra o que tildan de "prácticas mafiosas" por parte de Urbaser.
Fíxoo ao incluír as 12 persoas que botara á rúa no continxente que na cuarta feira recolleu os lixo nas zonas declaradas de risco.
O paro no servizo de recollida de lixo continúa, após unha semana. [email protected] e comité de folga presentaron denuncia na Fiscalía contra o concello, Tragsa, a policía local e os bombeiros.
Desde a asemblea de traballadores advirten que de se confirmaren as informacións publicadas nos medios de comunicación impedirán que se vulnere o seu dereito a folga, mesmo por vía xudicial.