Urbaser-Compostela podería sumarse á folga indefinida convocada en Lugo

Será a asemblea de traballador@s a que decida se finalmente convocan un paro na capital galegapor mor das negociacións do convenio colectivo e en solidariedade coa loita iniciada en Lugo.

O comité de empresa de Urbaser-Compostela reunirase en sesión extraordinaria após o despedimento do comité de folga de Lugo. Perante o cariz que está a tomar o conflito na cidade amurallada, o plantel da concesionaria na capital galega valorará convocar un paro indefinido "en solidariedade cos compeñeiros de Lugo" mais tamén perante as negociacións do convenio colectivo na capital galega. 

Neste senso, o secretario comarcal da CIG-Servizos, Roberto Alonso, lembrou que en Compostela Urbaser "pretende recortar dereitos" @s traballador@s "para aumentar os seus beneficios" pois, sinala, "séguese a pagar o mesmo á contrata do Concello" e a veciñanza tamén nas súas facturas. 

Aliás, Alonso explicou que tamén dous empregados de Urbaser na capital galega "foron despdidos". Así pois, someterán a decisión á vontade da asemblea de traballador@s mais advirten que o acontecido en Lugo --onde foi despedido o comité de folga e sancionad@s 66 empregad@s-- "obríganos a dar un paso adiante na defensa dos nosos dereitos". 

Comentarios