Sen acordo entre Urbaser e o comité de empresa para evitar a folga indefinida en Santiago

Empresa e persoal da concesionaria do servizo de limpeza viaria, recollida de lixo e punto limpo de Santiago, Urbaser, seguen sen alcanzar un acordo que evite a folga indefinida convocada a partir do próximo día 15 de maio. Esta segunda feira mantiñan unha reunión co obxectivo de chegar a puntos en común, pero o encontro, que se estendeu durante unhas seis horas, concluíu sen acordo. Se ben houbo "achegamentos", segundo fontes sindicais, quedan "varios escollos" para desconvocar o paro. De non alcanzar antes un acordo, principiará unha folga indefinida coincidindo co inicio das festas da Ascensión.
Rolda de prensa do comité de empresa de Urbaser Santiago, a pasada semana. (Foto: Europa Press)
photo_camera Rolda de prensa do comité de empresa de Urbaser Santiago, a pasada semana. (Foto: Europa Press)
Comentarios