teatro

'Coa música a outra parte', de Trécola, será unha das obras do circuíto.
CULTURA

A Deputación de Lugo programa 59 representacións de teatro profesional

Catorce compañías xirarán por 41 concellos, con montaxes para todos os públicos.

Unha escena de 'Nada se sabe'. (Foto: Culturactiva)
CULTURA

Ribadavia estrea teatro inclusivo da man do CDG e Culturactiva

O Centro Dramático Galego e Culturactiva coproducen 'Nada se sabe', no que catro intérpretes con discapacidade  dialogan co Filoctetes de Sófocles en versión de Manuel Lourenzo.

Luís López, Alfonso Rueda e Francisco Botas, esta sexta feira, asinando o documento. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
POLÍTICA

Abanca, Xunta e Deputación asinan a venda do Teatro Cinema Fraga de Vigo por 9,3 millóns

O PSOE impulsa unha moción para protestar contra este acordo e reclamar a cesión do inmóbel ao Concello.
O actor Xabier Deive. (Foto: Albaiceta)
CULTURA

Falece o actor Xabier Deive aos 54 anos de idade

A noticia foi coñecida esta quinta feira, a través dunha mensaxe nas redes sociais do seu representante.
Fachada do edificio do Teatro Cine Fraga de Vigo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG denuncia a "estafa do PP" de pagar a Abanca 9,3 millóns polo Cine Fraga

Afirman que o que busca o Partido Popular é “un claro exemplo de mala xestión que pretende dilapidar recursos”.

'Zona Franca', da creadora brasileira Alice Ripoll.
CULTURA

As novas linguaxes escénicas atopan o seu lugar na MIT de Ribadavia

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia chega á súa 41ª edición mantendo intacto o seu obxectivo de ser escaparate das novas linguaxes escénicas sen esquecer o seu papel de festa popular para todo tipo de públicos. 
 
Raquel Crespo nunha escena de 'Manuela Rey is in da House'.
star
CULTURA

Manuela Rey vincula Galiza e Portugal desde a escena

A representación o domingo no Festival de Almada (distrito de Setúbal, Portugal) de Manuela Rey is in da House, unha obra que rescata a incríbel biografía da actriz de Mondoñedo que se converteu en estrela do teatro portugués, inscríbese como unha páxina de honra na recuperación da memoria dos teatros galego e portugués e das súas relacións, ademais de debuxar un proxecto de cooperación sempre desexado. 
 
'Relative Calm', de Robert Wilson e Lucinda Childs. (Foto: Lucie Jansch)
Teatro | Festival de Almada

A danza, o tempo e a repetición nos escenarios de Almada

O dúo Robert Wilson-Lucinda Childs e o coreógrafo Josef Nadj regresan ao Festival de Almada para entregar reflexións sobre o tempo moi afastadas nos seus parámetros estéticos mais complementarias no que teñen de discurso sobre a fraxilidade da existencia.
A directora da Mostra de Teatro de Cangas, María Armesto. (Foto: MITCFC)
Entrevista | Mostra de Teatro de Cangas

María Armesto: "Todas as administracións deberan entender que un país que non promove a súa cultura é un país que non existe"

O activo máis importante de calquera festival, máis aló dos espectáculos programados e dos cartos dispoñíbeis, é a xente que ten detrás traballando. No caso da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas o equipo humano está capitaneado por María Armesto, unha muller todoterreo vencellada a este festival desde o ano 1998. Dramaturga e directora de escena, foi unha das impulsoras das xornadas Mulleres en Acción, que o ano que vén celebran o 25 aniversario. Entrevistamos a María Armesto, directora artística da Mostra Internacional de Teatro de Cangas desde 2014, para analizar o que pasou na 41 edición que acaba de rematar, para falar de teatro, botar a vista atrás e ver para adiante.
Ricardo Simões en 'Salgueiro Maia: cartografía dun monólogo'. (Foto: Rui Mateus)
Crítica

Festival de Almada: o espectro da Revolución entra en escena

Como era inevitábel, a conmemoración dos 50 anos da Revolución de Abril infiltrouse no programa do Festival de Almada, propiciando unha mirada que non é só retrospectiva, senón que visa a analizar o presente e o futuro dunha utopía soñada desde o teatro.
Os manipuladores tamén teñen un papel en 'El Verdugo' (Foto: José Luis Gutierrez).
Mostra de Teatro de Cangas

Tanta comicidade como desacougo

Demetrio Gómez, Andrés Giraldez e Miguel Borines (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Pontevedra será a capital dos títeres da man de Titirivedra

A cidade do Lérez acollerá entre o 15 e o 21 de xullo outra edición de Titirivedra. Tanxarina representará a aclamada 'Titiricircus'.
Andrea Quintana, Gena Baamonde e Davide González nun dos ensaios no Festival Escora. (Foto: Carlota Mosquera)
Mostra de Teatro de Cangas

VACAburra: "Interésanos explorar como vivir os espazos e convertelos nunha experiencia danzada e sonora"

Gena Baamonde dirixe xunto con Andrea Quintana 'Ruar', a nova proposta da compañía VACAburra para a rúa e espazos non convencionais. Nela, Andrea e Davide González redescobren o espazo público e déixanse sorprender polo que acontece neste.

'Relative Calm', de Robert Wilson e Lucinda Childs.
CULTURA

O Festival de Almada presenta unha vintena de propostas escénicas até o 18 de xullo

O Centro Dramático Galego presenta, o día 14, o espectáculo 'Manuela Rey is in da House'.
Carla Rovira.
Mostra de Teatro de Cangas

Carla Rovira: "É ridículo aferrarse ao poder e pretender que un gran imperio se perpetúe"

Violencia de xénero, colonialismo e racismo na nova versión de Feísima enfermedad y muy triste muerte de la reina Isabel I, de La Calórica
Foto de familia do Torneo de Dramaturxia.
Mostra de Teatro de Cangas

O dramaturgo Gustavo del Río gaña o VIII Torneo de Dramaturxia

Nesta oitava edición do Torneo combateron Borja Fernández, Cris Balboa, Gustavo del Río e Teresa González Costa.
Berta Ojea (Foto: Cris Andina).
star
Contracultura

Berta Ojea: "En Europa, María Casares está considerada como unha das grandes actrices do século XX"

Berta Ojea (A Coruña, 1964) lembra a memoria de María Casares, utilizando a biografía realizada por Anne Plantagenet como pano de fondo, na Mostra de Teatro de Cangas. Esta biografía, 'A única. María Casares', foi traducida ao galego no ano 2022 e publicada por Kalandraka.
José Luis Montiel e David Roldán Oru.
Mostra de Teatro de Cangas

O traballo corporal como base principal do teatro

David Roldán Oru e José Luis Montiel imparten estes días o obradoiro O corpo escénico. Taller intensivo de máscaras pedagóxicas. Ao longo de tres días, estes dous ‘actores do físico’, como eles mesmos se definen, traballarán cun grupo de 15 persoas para facerlles entender a primacía da xestualidade corporal sobre a expresión verbal, priorizando a linguaxe non verbal e física sobre a palabra.

El castillo de Lindabridis. (Foto: Sergio Parra)
Mostra de Teatro de Cangas

CRÍTICA | Mulleres nun castelo

A compañía Nao d'amores abriu a Mostra de Cangas deste ano cunha revisión dunha obra de Calderón de la Barca pouco coñecida e apenas representada.
Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, e Ton Arenas, presidente da Unima Galiza, na presentación desta terza feira.
CULTURA

Betanzos será o escenario do XII encontro de Titiriteiros de Unima

Isabel Rei Pousada, integrante da histórica compañía Os Monicreques de Kukas, recibirá o Premio Unima Galiza