Sermos Galiza

O compositor Eduardo Soutullo, Premio Nacional de Música 2023. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Eduardo Soutullo: compor de Galiza ao mundo

Após unha longa traxectoria incluíndo a formación de solfexo, piano, harmonía e composición, unha tese sobre música contemporánea, docencia nos conservatorios de Compostela, Vigo e Ourense e de estrear obras sinfónicas en prestixiosos escenarios internacionais, o vigués Eduardo Soutullo vén de recibir o Premio Nacional de Música, na modalidade de composición, primeiro galego que o logra. Os seus últimos fitos inclúen o premio Lawson-May (Reino Unido, 2020) por Qebui e o premio en memoria de Andrey Petrov (Rusia, 2022) por Threnus Helianthuses, que denuncia a invasión de Ucraína.
Detalles do 'Sermos' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
Sermos Galiza

A música de Eduardo Soutullo e a moda baseada nos símbolos do país, no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

A moda galega e a arquitectura tamén protagonizan este número do semanario.
Blanca Gefaell e Xoán Colazo, esta quinta feira, presentando o libro na Libraría Cartabón de Vigo. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Xoán Colazo presenta un libro de viaxes co que coñecer Galiza

Xoán Colazo é unha sinatura de referencia en Sermos Galiza. As súas crónicas en parcería con Adela Leiro e Mon Daporta, asinadas como Colectivo Xea, son unha parada obrigada para todas as lectoras e lectores do semanario desde a aparición do primeiro número, alá por 2012. 

Detalles do libro de Xoán Colazo.
Editado por Sermos Galiza

'Cento doce viaxes na miña terra', de Xoán Colazo, chega este 19 de setembro ás librarías

O libro presentarase esta quinta feira, día 21, na libraría Cartabón de Vigo. Consta de 492 páxinas encadernadas en tapa dura, con máis de 250 fotografías a toda cor e cunhas dimensións de 16x16 centímetros, "para levar a toda parte". O prezo de venda ao público é de 24,90 euros.
Detalles do novo 'Sermos Galiza'.
CULTURA

Paula Carballeira, Otero Pedrayo e o futbolista salvado polo 'Diaño', no 'Sermos Galiza' deste sábado

Á venda durante toda a fin de semana nos quiosques estará o novo número do semanario cultural de 'Nós Diario', que protagoniza a escritora Paula Carballeira, premiada co Nacional de Literatura Dramática.
Detalles deste novo número do semanario 'Sermos Galiza'.
CULTURA

Galiza como nación e as orixes do Galeusca, no 'Sermos Galiza' deste sábado

Plácido Castro e o 90º aniversario do recoñecemento da Galiza como nación protagonizan o semanario que sae á venda este sábado, xunto ao xornal. Neste número tamén entrevistamos Mikel Burzako, do PNV, e viaxamos ás orixes do Galeusca.
Digna Faraldo Purriños foi a gañadora do sorteo realizado esta terza feira (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Os pasatempos de 'Nós Diario' premian unha lectora cunha escapada de turismo rural

O sorteo tivo un grande éxito xa que se recibiron un total de 759 respostas correctas, e a gañadora, a través do sorteo decorrido esta terza feira na redacción de 'Nós Diario', foi Digna Faraldo.
Alberte Ansede, diante da Casa-Museo Manuel María.
star
Entrevistas

Alberte Ansede. Dez anos da Casa-Museo de Manuel María

A Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei (A Terra Chá) está de aniversario. Foi inaugurada o 7 de setembro de 2013 tras anos de duro traballo desde que xurdiu a idea de conservar e dar a coñecer todo o legado que deixou o escritor. Un dos principais artífices do proxecto foi Alberte Ansede Estraviz (Vilasantar, 1957). Amigo persoal da familia, é o actual presidente do Padroado da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, cargo que ocupa desde o falecemento de Saleta Goi en 2022.
Argaia cultiva as materias primas dos seus produtos no Valadouro e elabora os cosméticos nun laboratorio en Burela.
star
Reportaxes

Cosmética galega

A cosmética está de moda. Os vídeos de skin care routines que enchen as redes sociais dan boa conta diso, unha tendencia que colide cunha sociedade cada vez máis concienciada co natural, co ecolóxico e co vegano, dándolle un pulo ás empresas de produtos cosméticos que teñen a sostibilidade na base do seu existir. 'Sermos Galiza' conversa con marcas cosméticas galegas en auxe, que demostran que vivir no e do rural, e lonxe do Eixo Atlántico, é posíbel.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Alberte Ansede e a Casa-Museo Manuel María centran o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

A revista 'Can sen dono' e a cosmética galega tamén compoñen este número do semanario.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Os 20 anos de Dios Ke Te Crew, no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

O chantadés Folión de Carros e a Guerrilla galega tamén compoñen este número do semanario.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, imprenta Roel, Vigo. 90 x 70 cm. Museo de Pontevedra.
star
Reportaxes

Os carteis do Estatuto de 1936. Unha empresa artística ante a Historia

Os once carteis do Estatuto de 1936 constitúen unhas das maiores creacións de imaxes de Galicia. Mais alá do atractivo inmediato da súa accesibilidade, a súa dobre identidade -teñen un aspecto artístico, estético, e son representativos das liberdades e principios cívicos tanto galegos como universais- é o que os fai hoxe tan valiosos tanto para o público xeral como para os especializados. Cada un dos carteis narra unha historia. Mais dispostos en conxunto, tal como se fixera en xuño de 1936, constituían unha formidable visión de infindas connotacións.
O bergantiñán Alfonso Gómez é alcalde da cidade suíza de Xenebra.
star
Entrevistas

Alfonso Gómez. Suíza en galego

Alfonso Gómez Cruz, nado en 1960 na parroquia de Corme (Ponteceso, Bergantiños) é, desde o pasado mes de xuño, alcalde da cidade suíza de Xenebra. Neto dun mestre republicano que foi represaliado polo franquismo, criouse en Corme até os 14 anos, cando emigrou ao país helvético. De fortes ideas ecoloxistas, milita nos Verdes e defende a integración da emigración como a mellor forma de convivencia e progreso para a sociedade. En conversa con Nós Diario, recupera a súa traxectoria humana e política, ademais de dar a súa opinión sobre temas de actualidade como o debate enerxético, o auxe da extrema dereita ou as dificultades para acceder a unha vivenda nas grandes cidades.
Interior da ferraxería Malasa de Cambre. (Foto: Luís Díaz)
star
Reportaxes

Sinaldaba: Contrapunto

A suma de elementos moi diferentes, en lugar de ruído, pode xerar harmonía. É preciso estudar atentamente os elementos que interveñen e buscar o xusto equilibrio entre as partes. Este recurso é habitual en arquitectura. O estudio coruñés Sinaldaba ten alcanzado resultados moi interesantes mesturando materiais e texturas moi distintos. 
Detalles do 'Sermos' desta fin de semana.
CULTURA

Os carteis do Estatuto, protagonistas do 'Sermos Galiza' desta fin de semana

Unha entrevista a Alfonso Gómez e o estudo de arquitectura Sinaldaba tamén fan parte deste 'Sermos'.
Alexandre Peres Vigo, Francisco Rodríguez Sánchez, Carme Varela e Carolina Casal Chico. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

'Sermos Galiza' divulgará os protagonistas do Reino da Galiza

O proxecto é premiado pola Deputación da Coruña
Xerardo Rodríguez Roca, coautor da revista de pasatempos en galego e portugués, 'A formiga no carreiro' (Foto: Nós Diario).
Revista de pasatempos

Xerardo R. Roca: "Con 'A formiga no carreiro', cubrimos un espazo inexistente até agora na Galiza"

Xerardo R. Roca é coautor xunto con Xoán Costa da revista de pasatempos en galego e portugués á venda este mes de agosto: 'A formiga no carreiro'.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Inma López Silva, a memoria de Mauthausen e as orixes do ecoloxismo galego, no 'Sermos Galiza'

O semanario 'Sermos Galiza', á venda durante toda a fin de semana xunto ao xornal 'Nós Diario' por 3,20 euros, vén cargado de novidades.
O coautor de 'A formiga no carreiro' Xoán Costa (Foto: Xoán Costa).
CULTURA

Xoán Costa: "A formiga no carreiro serve para descubrir a Galiza"

As persoas subscritoras de 'Nós Diario' recibiron o Día da Patria Galega unha revista ben especial: 'A formiga no carreiro', unha publicación de pasatempos en galego que se pode comprar durante todo o mes de agosto nos quioscos. Xoán Costa, coautor e presidente de Sermos Galiza S.A. explica os contidos
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Julia Lago e a súa banda deseñada centran o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

A malla e as embarcacións tradicionais tamén se analizan neste número do semanario.