Sermos Galiza

Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana (Foto: Nós Diario9.
CULTURA

A música de Guadi Galego centra o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

O Proxecto Nós e os escravos galegos en Cuba compoñen tamén o semanario.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A obra literaria de Ana Cabaleiro protagoniza o 'Sermos Galiza'

Neste novo número do semanario abordamos tamén a censura franquista da obra de Castelao 'Sempre en Galiza' e o legado de memoria da guerrilla de Lupe Martínez.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

A autoestima cultural de Mercedes Peón protagoniza o 'Sermos Galiza' deste sábado

A obra e legado do fotógrafo Edelmiro Méndez e mais as precarias condicións nas que viven as e os saharauís residentes en campos de refuxiadas centran tamén este novo número do semanario.

Detalles da capa do 'Sermos' desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Anxo Angueira centra o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

A emigración e o surrealismo mariño de Urbano Lugrís tamén fan parte do semanario.
Detalles do anuario deste 2023 (Foto: Nós Diario).
Anuario 2023

96 páxinas para entender o ano: consegue o Anuario 2023 esta fin de semana co 'Nós Diario'

96 páxinas de información analítica sobre Galiza, economía, internacional e cultura que serven para entender de maneira crítica e en galego as chaves dun ano cheo de noticias e novidades no mundo.
Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Aurora Marco protagoniza o 'Sermos Galiza' deste sábado

Neste novo número do semanario falamos tamén de Uruguai, a 'Suíza' da América do Sur para as galegas e galegos, e da obra cinematográfica de Lois Patiño, entre outros moitos contidos culturais. Non o perdas!
Xoán Costa e María Obelleiro, presidente de Sermos Galiza S.A. e directora de 'Nós Diario' (Foto: Xan Carballa).
1.000 'Nós Diario'

Xoán Costa e María Obelleiro: "Nos actos do número 1.000 pedíronnos que 'Nós Diario' saia os 7 días da semana"

Xoán Costa (Oroso, 1956) e María Obelleiro (Soutomaior, 1985) fan balance da intensa campaña de varias semanas de socialización do medio de comunicación entre as persoas accionistas, subscritoras e lectoras na procura de sumar 1.000 novas e novos asinantes que dean estabilidade e proxección ao único diario en papel en galego que se publica no país.
María Obelleiro, Xosé Lois 'O Carrabouxo', Ramón Seoane e Roberto Pascual, esta sexta feira en Ribadavia.
SOCIAL

'Nós Diario' culmina a xira do número 1.000

Máis 1.000 asistentes asistiron á vintena de actos públicos cos que Nós Diario conmemorou os seus 1.000 números no mes de novembro. A directora do xornal, María Obelleiro, amosou esta sexta feira en Ribadavia, onde se puxo o ramo á campaña, a súa satisfacción ante un público "que nos sorprendeu polo seu entusiasmo e apoio, o cal nos traslada moitísima forza".
Xuntanza de músicos no Bar Figueiro. (Foto: Foliada de Fonsagrada)
star
Reportaxes

Foliada da Fonsagrada

A da Fonsagrada pasou de ser unha foliada marcada no calendario daquelas persoas pertencentes ao ámbito tradicional a ser o chamado "festival de inverno". Un festival que decorre na ponte de decembro e que conta agora con persoas seareiras doutros xéneros musicais, como poden ser as músicas urbanas. 
Bernardo Atxaga.
star
Entrevistas

Bernardo Atxaga: o rastro do poético

Escritor Galego Universal en 2014 e Premio Nacional das Letras Españolas en 2019, o vasco Bernardo Atxaga é unha figura de referencia da literatura contemporánea en diferentes formatos e rexistros, autor de libros memorábeis que van de Obabakoak e Memorias dunha vaca a Sete casas en Francia, entre outras. Visita Galiza para presentar no Culturgal Exteriores do paraíso (Kalandraka), obra que transcende etiquetas e que mostra a súa capacidade para captar detalles reveladores da condición humana.
Fragmento de Muíño. Circa 1930. A estética surrealista da pintura metafísica Francisco Miguel
star
Reportaxes

Diario de Bértoa: A recuperación dun artista galego da vangarda

Syra Alonso e Francisco Miguel formaron un deses tándems artísticos asociados á efervescencia cultural das vangardas do século XX. Emprenderon as viaxes da arte e voltaron á Galiza da etapa republicana habitando unha elocuente Casa da Felicidade no porto de Santa Cruz (Oleiros). Unha felicidade que quedou sepultada en setembro do 36. A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica vén de realizar os traballos na fosa común dos represaliados entre os que se atopaba Francisco Miguel.
Detalles do Sermos desta fin de semana (Foto: Nós Diario).
SERMOS GALIZA

Bernardo Atxaga e o seu exercicio poético de sinceridade protagonizan o ‘Sermos Galiza’

Entrevistamos o escritor vasco, achegámonos Á Fonsagrada ea súa foliada e achegámonos á exhumación dos restos de Francisco Miguel . Tamén falamos das últimas novidades do panorama literario, musical e cinematográfico. E moito máis!

'Nós Diario' depende de ti

carmne
star
Libros

As que pelexan para que non se faga o escuro

4 río dos Muíños
star
Andar e Ver

A costa de Nigrán

08-11-2023 María Reimóndez-6
star
Entrevistas

María Reimóndez, a púxil do feminismo

Como o seu alter ego en Furia (novela gañadora do Premio Jules Verne de literatura xuvenil da editorial Xerais), María Reimóndez (Lugo, 1975) sobe ao ring para defender o feminismo en posición de garda e disposta sempre a asestar un golpe a calquera discurso patriarcal, así veña de supostos referentes na materia ou de críticos dun sistema literario que, non ten dúbida, merece maior consideración da Administración galega. Unha Administración, denuncia, que actúa "en contra da lingua".
sermos
CULTURA

María Reimóndez e o 25-N centran o ‘Sermos Galiza’

Entrevistamos María Reimóndez, achegámonos á coeducación desde unha perspectiva feminista e analizamos a fenda salarial. Tamén falamos das últimas novidades do panorama literario, musical e cinematográfico. E moito máis!

María Obelleiro e Luís Ferreiro debaten sobre os 1.000 números editados de 'Nós Diario'
SOCIAL

María Obelleiro e Luís Ferreiro debaten sobre os 1.000 números editados de 'Nós Diario'

Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

Janet Novás e o éxito de 'O Corno' protagonizan o 'Sermos Galiza'

Tamén falamos do millo como piar da subsistencia na Galiza, do estudio de arquitectura Díaz & Díaz e das últimas novidades do panorama literario, musical e cinematográfico. E moito máis!

Mil