reforma laboral

Un momento da homenaxe a Castelao en Rianxo.
Homenaxe a Castelao no aniversario do seu pasamento

Ana Pontón: "O BNG non participará nun lavado de cara da reforma do PP, a clase traballadora merece recuperar os dereitos perdidos"

Denuncia que impor a auto diagnose e o pagamento dos antíxenos en lugar de reforzar a atención primaria é un paso máis na privatización da sanidade.
O deputado nacionalista Néstor Rego durante unha  intervención no Congreso. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O BNG botará atrás a reforma laboral de non volver a indemnización de 45 días por ano traballado

O deputado do Bloque Néstor Rego pon sobre a mesa as exixencias para apoiar a modificación da norma pactada polo Goberno do Estado español, os empresarios, CCOO e UXT.

Unha reforma laboral histórica ou unha mentira obscena? (e II)

O ex presidente estatal, Mariano Raxoi, o 17 de xullo no Congreso do PP na Galiza (Foto: César Arxina/Europa Press).
POLÍTICA

Raxoi: "Non é unha reforma laboral, son uns mínimos retoques do texto de 2012"

O ex presidente do Goberno estatal cre que o Executivo que dirixe Pedro Sánchez fixo "retoques mínimos" na reforma laboral para "poder dicir que a mudaron e así contentar os seus votantes".
Mobilización da CIG en 2020 contra a precariedade laboral (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG mobilizarase o 30 de xaneiro por todo o país contra a reforma laboral

"Esta 'non reforma' non é máis que unha actualización da normativa previa para adaptala ao marco do plan de recuperación da crise capitalista deseñado pola Unión Europea baixo a marca 'Next Generation'", di Paulo Carril.
Pedro Sánchez, no Congreso, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

Sánchez, sobre a reforma laboral: "Non haberá acordo se non cedemos todos"

O Goberno estatal segue a procurar apoios de cara á votación no Congreso do decreto da reforma laboral. Após recibir o 'non' das forzas soberanistas, Ciudadanos postúlase como alternativa para sacar adiante o texto.

Sindicatos máis representativos

O ministro Félix Bolaños, no Congreso, nunha imaxe de arquivo (Foto: Marta Fernández / Europa Press).
POLÍTICA

Bolaños contradí Díaz e di que a reforma laboral "non ten por que ser un proxecto de lei"

O ministro de Presidencia cre que, "por sentido común", calquera forza política debería apoiar o texto.
De esquerda a dereita, Mireia Vehí (CUP), Néstor Rego (BNG), Laura Borràs (Junts), Gabriel Rufián (ERC) e Oskar Matute (EH Bildu), nunha imaxe de arquivo (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
POLÍTICA

Fronte común de BNG, ERC e Bildu contra a "decepcionante" reforma laboral

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, e o deputado Néstor Rego ofreceron esta segunda feira unha rolda de prensa co secretario xeral da CIG, Paulo Carril, na que criticaron a reforma de Yolanda Díaz porque "claudica ante a patronal" e "non derroga os aspectos máis lesivos".

A esquerda española das promesas esquecidas

O presidente de CEOE, Antonio Garamendi; o líder de UXT, Pepe Álvarez; a ministra, Yolanda Díaz; o presidente de Cepyme, Gerardo Cuevas; y o líder de CCOO, Unai Sordo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
TRABALLO

CIG, CUT e outros 13 sindicatos no Estado rexeitan a proposta de reforma laboral: “Non derroga a reforma do PP”

Centrais da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Asturies, Aragón, Andalucía ou Canarias reprochan ao Goberno español “o incumprimento do seu compromiso de derrogar” as anteriores reformas laborais.

No centro, a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, durante a comparecencia ante os medios posterior ao Consello de Ministras (Foto: A. Ortega. Pool / Europa Press).
TRABALLO

O Goberno español saca adiante unha reforma laboral que non derroga as do PP

O texto, que ten que pasar agora polo Congreso, prima o marco negociador estatal sobre o galego
Os secretarios xerais de ELA, Mitxel Lakuntza, a CIG, Paulo Carril, e a Intersindical de Catalunya, Sergi Perelló, nunha mobilización ante o Ministerio de Traballo en xuño. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

A CIG alerta de que a reforma laboral non recuperará dereitos perdidos polas traballadoras

A central sindical considera que o texto que o Ministerio de Traballo pactou con CCOO, UXT e os empresarios tampouco "avanza na consecución de novos dereitos, tan necesarios nun contexto de crise como o actual e logo dunha década de empobrecemento e precarización da clase traballadora".
O presidente de CEOE, Antonio Garamendi; o líder de UXT, Pepe Álvarez; a ministra, Yolanda Díaz; o presidente de Cepyme, Gerardo Cuevas; y o líder de CCOO, Unai Sordo, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
TRABALLO

A reforma laboral acada o si de CCOO, UXT e empresarios

A Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, destaca nun comunicado que "por primeira vez na historia unha reforma laboral deste calado obtén o respaldo unánime dos axentes sociais".
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz (Imaxe: Europa Press).
TRABALLO

Díaz afirma que a reforma laboral non se pode derrogar

A ministra de Traballo e vicepresidenta segunda confía en chegar a un acordo con sindicatos e patronal sobre a reforma laboral

Nova traizón da esquerda sistémica española?

Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galiza. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
TRABALLO

A patronal galega ábrese a cambiar "temas concretos" da reforma laboral "dentro do diálogo social"

Vieites rexeita unha intervención en Alcoa e pide unha factura eléctrica "eficiente" e "allea a flutuacións puntuais"

Derrogar as reformas laborais

sindicatos madrid 3-min
TRABALLO

O sindicalismo galego, vasco e catalán exixe en Madrid a derrogación das reformas laborais

CIG, ELA e Intersindical lamentan “a negativa” da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, a recibilos.

Nestor rego e Paulo carril
POLÍTICA

BNG exixe ao Goberno español “pasar das promesas aos feitos” e derrogar as reformas laborais

A organización nacionalista recolle a proposta da CIG para recuperar de forma inmediata a normativa anterior ás reformas de PSOE e PP.