Homenaxe a Castelao no aniversario do seu pasamento

Ana Pontón: "O BNG non participará nun lavado de cara da reforma do PP, a clase traballadora merece recuperar os dereitos perdidos"

Denuncia que impor a auto diagnose e o pagamento dos antíxenos en lugar de reforzar a atención primaria é un paso máis na privatización da sanidade.
Un momento da homenaxe a Castelao en Rianxo.
photo_camera Un momento da homenaxe a Castelao en Rianxo.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, aproveitou a homenaxe que a fronte nacionalista lle rendeu a Castelao na súa Rianxo natal no aniversario do seu pasamento, para destacar a plena actualidade do legado dunha das personalidades políticas que máis contribuíu á defensa de Galiza como nación. "Foi, é e será un referente, un imprescindible (...), poucos demostraron tanto amor e tanta entrega a este País", subliñou, "por iso honramos a súa memoria e reivindicamos a vixencia do seu pensamento".

Nun concorrido  acto, Pontón destacou que o Bloque se sente orgulloso herdeiro de Castelao porque, alegou, "a esencia do BNG é defender Galiza, e quero recalcalo porque se ben o mundo de hoxe é outro, hai algo que non mudou: a necesidade do nacionalismo para darlle futuro ao País, que precisa como nunca unha forza política coas mans libres para defender os nosos intereses fronte a un centralismo cada vez máis madrileño que actúa de freo".

 

 "Urxe un proxecto modernizador e vangardista, que pense Galiza en grande, con ambición e desde a confianza", dixo Pontón. 

 

Tamén agora, recalcou, "urxe un proxecto modernizador e vangardista, que pense Galiza en grande, con ambición e desde a confianza. O BNG, -dixo-, ten ese proxecto e a capacidade de poñelo en marcha", priorizando os intereses dos galegos e das galegas en contraposición ós que practican "a confrontación estéril ou o servilismo inútil, ambos iguais de letais, igual de tóxicos". "A defensa de Galiza, esa é a esencia do BNG", recalcou.

Pontón preguntouse, xunto ao busto do ilustre rianxeiro, cales serían as estampas que hoxe incluiría Castelao nun álbum Nós inspirado na Galiza de 2022, e aventurou que o lapis creativo do rianxeiro denunciaría o centralismo económico e político, o espolio dos recursos naturais, a emigración da xente moza, o declive do sector industrial, a desesperación dos produtores que soportan prezos por debaixo de custe ou o retroceso do sector pesqueiro cunha frota cada vez máis minguada.

"Seguro que o impacto das cotas de pesca lle inspirarían unha estampa non moi diferente a aquela á que lle puxo por título As sardiñas volverían se os nosos gobernos quixesen", destacou.

 

​A intervención da líder nacionalista tamén incluíu a posición do BNG en relación á reforma laboral do Goberno de PSOE-Unidas Podemos, cunha mensaxe contundente e transparente: non participará nun lavado de cara da reforma do PP

 

A intervención da líder nacionalista tamén incluíu a posición do BNG en relación á reforma laboral do Goberno de PSOE-Unidas Podemos, cunha mensaxe contundente e transparente: non participará nun lavado de cara da reforma do PP, porque a clase traballadora merece recuperar os dereitos perdidos.

"O BNG está onde sempre estivo, na defensa da liberdade, da democracia e dos dereitos dos traballadores e das traballadoras, -subliñou Pontón-, e para poñer fin á precariedade, ós baixos salarios e á explotación brutal que é pan de cada día de miles de persoas hai que derrogar integramente a reforma laboral de 2012". Neste sentido, recalcou, "a posición do Bloque está clara: non imos apoiar un lavado de cara da reforma laboral do PP".

 

Liñas vermellas 

De feito, a portavoz nacional indicou cales eran as "liñas vermellas" que non son outras que a recuperación de dereitos, como a indemnización de 45 días por ano, os salarios de tramitación nos despidos improcedentes, a autorización dos EREs desde a Administración e acabar coa barra libre para despedir. Igualmente, que se permita negociar melloras nos convenios estatais a nivel galego ou recuperar os dereitos en materia de clasificación profesional, salarios e mobilidade que había antes da contrarreforma.

"Hai unha maioría que permite a derrogación e a recuperación de dereitos e o Goberno do Estado debe decidir se pacta coa dereita ou cumpre a palabra dada, porque as urnas falaron e deron unha maioría suficiente para poñer fin a esa contrarreforma", sintetizou.

 

A líder nacionalista concluíu a súa intervención convidando a traballar co obxectivo de abrir un tempo novo en Galiza cun BNG liderando o Goberno do País.

 

Sexta onda 

En plena sexta onda e cos contaxios en récord diario, cunha atención primaria e un persoal sanitario desbordado, A intervención da líder nacionalista tamén incluíu a posición do BNG en relación á reforma laboral do Goberno de PSOE-Unidas Podemos, cunha mensaxe contundente e transparente: non participará nun lavado de cara da reforma do PP. "Xa nin disimulan a súa incapacidade e ante o colapso da sanidade non reforzan con máis medios e recursos, pídenlle a cidadanía que se auto diagnostique. Que será o seguinte, facernos na casa as analíticas?", interpelou tras denunciar o empeño en "desmantelar" a sanidade pública para favorecer á privada, "como fai o PP, pero terán ao BNG en fronte porque é un atentado contra a saúde da cidadanía".

A líder nacionalista concluíu a súa intervención convidando a traballar co obxectivo de abrir un tempo novo en Galiza cun BNG liderando o Goberno do País. "Un reto que require de toda a humildade, intelixencia colectiva e ambición para ampliar a base social do nacionalismo, para sumar a cada vez máis cidadanía que ve no Bloque un proxecto gañador capaz de disputarlle a hexemonía e Presidencia da Xunta ao PP".

 

O reto de liderar o goberno 

Un reto que pasa por "dar un gran salto adiante" nas eleccións locais aproveitando a fortaleza dos gobernos municipais, destacou no acto no que tamén participou o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e a portavoz local, Mercedes Pimentel.

"Temos un proxecto que nace da ambición e da confianza no País para construír unha Galiza máis xusta, con servizos públicos fortes e con benestar social; que sexa vangarda en ciencia e coñecemento; en primeira liña na loita contra a emerxencia climática, con oportunidades para a xente moza, unha Galiza feminista e igualitaria", salientou, "é para conseguila seguiremos o exemplo de Castelao e dos homes e mulleres que coma el soñaron unha Galiza en grande e dona do seu futuro, e nunca deixaron de loitar para facela realidade", concluíu.

Comentarios