DEPORTES
A Federación Galega de Fútbol fai un chamamento contra o racismo
24/maio/23
Promociona a campaña 'Racistas, fóra do fútbol'.
Entrevista
Eva Vera: "O pobo xitano atopa barreiras no acceso aos servizos públicos"
10/abr./23
80% da poboación xitana está afectada pola pobreza e a exclusión social e só 17% dela ten completados os estudos de ESO ou superiores. Así o revelan os datos da Fundación Secretariado Xitano, cuxa directora na Galiza, Eva Vera, conversa con 'Nós Diario' ás portas deste sábado, Día Internacional do Pobo Xitano.
SOCIAL
Comezan as conmemoracións polo Día do Pobo Xitano
03/abr./23
Os actos comezaron esta segunda feira en Ferrol coa mostra 'Lección Xitana'.
INTERNACIONAL
Un informe conclúe que a Policía de Londres é racista, misóxina e homófoba
22/mar./23
Solicita desmantelar a institución se a situación actual non mellora.
SOCIAL
Activistas antirracistas denuncian as discriminacións por parte das institucións
22/mar./23
Aranxa Vicens pon no foco os Centros de Internamento de Estranxeiros.
DEPORTES
'Canto Deportivo', o tema que gaba os valores do deportivismo
06/feb./23
Canto Deportivo é unha canción en lingua galega que gaba os "valores positivos" da afección e do equipo de fútbol da cidade herculina. Xarda CGC realizou o videoclip —con produción de Son Radiofusión para este tema baseado nun poema escrito por Antonio Tizón, con composición musical de Daniel Adzemian e interpretación de Eugenia Sanmartín. "Trátase dun texto contra o racismo e a xenofobia que recorda grandes deportivistas como Bebel, Foucellas, Arsenio, Bebeto e Scaloni", salientan os promotores.
Xornalismo
Como trata a prensa as informacións sobre migracións? A metade non chama "persoas" os migrantes
15/dec./22
O último informe da Rede Acolle saca os colores a moitos medios de comunicación pola cobertura mediática dos sucesos relacionados cos fenómenos migratorios e as persoas que os protagonizan.
CULTURA
Bibiana Candia aborda en 'Azucre' o negocio de escravos galegos no século XIX
13/dec./22
A editorial Kalandraka publicou neste mes de decembro a tradución ao galego de 'Azucre', da autora Bibiana Candia e con ilustracións exclusivas de Xosé Cobas. Azucre é o relato novelado da auténtica e cruenta historia de mil setecentos mozos que viaxaron a Cuba para traballar e remataron vendidos como escravos pola empresa de Urbano Feixoo de Soutomaior, un galego afincado na illa que, aproveitando a situación de necesidade dos galegos emigrados, promoveu unha campaña de colonización branca e substitución da man de obra africana.
SOCIAL
Como inflúe o racismo nos sistemas sanitarios?
12/dec./22
As autoras dun estudo apuntan que en todas as doenzas, desde o cancro até as enfermidades cardiovasculares, pasando pola Covid-19, a etnia e a raza adoitan figurar como "factores de risco".
SOCIAL
A Asemblea Antirracista mobilízase en contra do "colonialismo" español baixo o lema '12-O: Nada que celebrar'
12/out./22
Centos de persoas asistiron á protesta esta cuarta feira en Santiago.
SOCIAL
"Quero que me atenda un español". Así foron os comentarios xenófobos dun cliente expulsado dun bar de Castrelo de Miño
08/ago./22
O restaurante Parque Náutico de Castrelo de Miño viuse na obriga de botar unha familia da súa terraza o pasado sábado pola noite por proferir "comentarios xenófobos" cara a un dos traballadores do restaurante.
INTERNACIONAL
Un afroamericano desarmado recibe cando menos 60 disparos da Policía nos EUA
05/xul./22
Reprimen con bombas lacrimóxenas as protestas convocadas.
SOCIAL
Cristina Botana, doutora en Arquitectura: "O antixitanismo é a forma de racismo menos cuestionada pola nosa sociedade"
01/xuño/22
A doutora en Arquitectura, Cristina Botana, estuda a segregación urbanística da poboación xitana.
INTERNACIONAL
"As amas do fogar estamos desexando que volvan as mozas": a delegada do Goberno español en Ceuta sobre o peche da fronteira con Marrocos
05/abr./22
"Dígocho comezando por min que estar traballando aquí pola mañá e estar de limpeza pola tarde, a verdade é que costa", afirmou a delegada de Goberno na pasada sexta feira, durante a realización dunha rolda de prensa.
INTERNACIONAL
A "Embaixada Aborixe" fai medio século
27/xan./22
Mobilizacións en toda Australia polos dereitos dos pobos orixinarios, coincidindo co Día Nacional ou ─para os pobos orixinarios─ Día da Invasión.