DEPORTES

'Canto Deportivo', o tema que gaba os valores do deportivismo

Canto Deportivo é unha canción en lingua galega que gaba os "valores positivos" da afección e do equipo de fútbol da cidade herculina. Xarda CGC realizou o videoclip —con produción de Son Radiofusión para este tema baseado nun poema escrito por Antonio Tizón, con composición musical de Daniel Adzemian e interpretación de Eugenia Sanmartín. "Trátase dun texto contra o racismo e a xenofobia que recorda grandes deportivistas como Bebel, Foucellas, Arsenio, Bebeto e Scaloni", salientan os promotores.
Comentarios