Redacción
22/feb./24 - 22:04
Actualizado: 23/feb./24 - 09:29
Fillas de Cassandra e De Ninghures reivindican a lingua da man da Amega na Coruña
A sala INN Club da Coruña viviu dous concertos da man dos grupos De Ninghures e Fillas de Cassandra en conmemoración do Día dos Medios en Galego. A Asociación de Medios en Galego (Amega) organizou estes concertos no marco de ‘A memoria da prensa en galego’ que é o título das xornadas e roteiros xornalísticos que se desenvolven neste mes de febreiro co gallo do Día dos Medios en galego.