Estes son os horarios do Festival da Candeloria en Lugo

O festival celebra o seu décimo aniversario os días 1 e 2 marzo no Pazo das Ferias e Congresos de Lugo cos mellores grupos da escena do rock, rap ou ska a nivel estatal. Pasarán polo palco ZOO, Los Chikos del Maíz, Talco, Mafalda ou Familia Caamagno.

A banda Rebeliom do Inframundo.
photo_camera A banda Rebeliom do Inframundo.

O festival lucense A Candeloria anuncia os horarios dos concertos. Máis dunha ducia de actuacións de grupos de rock, rap ou ska tocarán en Lugo os días 1 e 2 de marzo no Pazo de Ferias e Congresos.

O festival naceu en 2014 coa vontade de traer a Lugo unha programación musical de rock, rap, punk ou ska de primeiro nivel. Neste tempo consolidouse como un evento de referencia para os amantes do xénero. Para esta edición A Candeloria chega á cidade con dous días de música e as entradas case esgotadas.

Nesta edición, A Candeloria trae dúas noites de música e unha sesión vermú de Cantos de Taberna.

Un dos pratos fortes da edición e a despedida do grupo valenciano ZOO, que tocará o día 1 de marzo ás 22:55 horas. O seu paso por A Candeloria será a única parada na Galiza dunha banda que dende 2014 revolucionou a escena musical estatal.

Os fans dos tamén valencianos Mafalda terán a oportunidade de velos o sábado ás 19 horas. E non será a única despedida: o grupo valenciano Los Chikos del Maíz, vellos coñecidos do festival, anunciou recentemente unha "tregua indefinida" dende o próximo ano. Pasarán polo palco o sábado ás 23:30 horas.

Completan o cartel da sexta feira, 1 de marzo, Rebeliom do Inframundo, Familia Caamagno, Pigs Parlament, o grupo de rap Ira , Kamikazes e Jordi Pánico será o dj entre actuación e actuación.

O sábado 2 de marzo pasarán polo palco, xunto a Chikos del Maíz e Mafalda, os xa parte da familia do festival Soziedad Alcoholika, a banda de ska punk italiana Talco, o dúo feminino Tribade e Arrhythmia.

Tamén pasarán pola festa Me Fritos and The Gimme Cheetos e La Duendeneta animará entre actuacións.

 

Horarios completos

Sexta feira, 1

Kamikazes - 19 horas

Familia Caamagno - 20.15

Ira - 21.25

ZOO - 22.55

Pigs Parlament - 00.55

Rebeliom do Inframundo - 02.15

Dj entre actuacións: Jordi Pánico

 

Sábado 2 de marzo

Tribade - 17.45

Mafalda - 19.00

S.A - 20.35

Arrhythmia - 22.15

Los Chikos del Maíz - 23.30

Talco - 01.10

Me Fritos and The Gimme Cheetos - 02.30

 

Dj entre actuacións: La Duendeneta

O sábado a música trasládase aos bares cos Cantos de Taberna 

A Candeloria completa a súa programación cos xa tradicionais Cantos de Taberna. Ata nove agrupacións pasarán por distintas tabernas da cidade lucense para animar o mediodía do sábado.

O festival realízase co patrocinio da Área de Cultura, Turismo e promoción da Lingua do Concello de Lugo e a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Mahou e Contravento.

Comentarios