Estas son as cancións finalistas a Mellor Música do Ano 2023 nos premios aRi[t]mar

aRi[t]mar é un proxecto didáctico cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais.
Personalidades na gala aRi[t]mar de 2023 (Foto: aRi[t]mar).
photo_camera Personalidades na gala aRi[t]mar de 2023 (Foto: aRi[t]mar).

O xurado de aRi[t]mar vén de preseleccionar as cancións galegas e portuguesas que loitarán por ser recoñecidas como as mellores do pasado 2023. Son 10 músicas de cada país as que optan a ser elixidas polo público como Mellor Música do Ano na Galiza e Mellor Música do Ano en Portugal.

Ditas votacións comezaron esta mesma segunda feira este luns e poderanse acometer a través da páxina web aritmar.gal. O proceso de votación permanecerá aberto durante un mes, até o vindeiro 27 de marzo.

Xuventude e diversidade

“A música galega leva vivindo un auténtico renacemento nos últimos anos, está facendo gala dunha diversidade e unha capacidade de mestura que a sitúan plenamente á altura das tendencias musicais internacionais”, indican desde aRi[t]mar. As cancións propostas polo xurado para loitar polo premio á Mellor Música do Ano dan boa conta da saúde e da capacidade de renovación deste ecosistema, que mestura vellas bandas da escena musical con artistas que xurdiron ultimamente.

Finalistas na Galiza

As cancións finalistas para o premio a Mellor Música do 2023 na Galiza, son: ‘Cachondemia’, de 100 Voltas; ‘Viaxamos a Miami’, de Ataque Escampe; ‘Ai de min’, de Caamaño&Ameixeiras; ‘Bulerías da Lúa’, de Davide Salvado (Permita Deus), ‘Morena’, de De Ninghures; ‘Olivia Newton-John era de Pantón’, de Festicultores Troupe; ‘Onde Ela Me Quer Levar’, de Grande Amore; ‘Ardén’, de Mondra; ‘Vaia onde vaia’, de Ruxe Ruxe; e ‘Fai Tempo’, de The Rapants.

Finalistas en Portugal

As cancións finalistas para o premio a Mellor Música do 2023 en Portugal, son: 422, de ‘A Garota Não; Não Vás Embora, Rapaz!’, de Ana Bacalhau; ‘Ao Teu Ouvido’, de Buba Espinho feat. Bárbara Tinoco; ‘Mais!’, de Carlão; ‘Saia da Carolina’, de Carolina Deslandes; ‘Serei Sempre Uma Mulher’, de Luísa Sobral; ‘Oxalá’, de Maro; ‘Sagitário’, de Miguel Araújo; ‘Na Escola’, de Os Quatro e Meia; e ‘Preço Certo’, de Pedro Mafama.

O proxecto

aRi[t]mar é un proxecto didáctico cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

Comentarios