INE

Evolución do desemprego na Galiza, segundo os datos da EPA (INE / Nós Diario).
TRABALLO

O desemprego medra 14,5% na Galiza, máis do triplo que no Estado español

Segundo os datos da primeira Enquisa de Poboación Activa (EPA) do ano 2024, 8.200 persoas menos están dadas de alta na Seguridade Social na Galiza con respecto ao trimestre anterior. O desemprego medra en 16.700 persoas, o que supón un incremento de 14,5%. 
Vivendas no interior da cidade de Lisboa, a capital lusa (Foto: camaralucida1).
ECONOMÍA

Confírmase a reactivación do mercado da vivenda ante as expectativas de baixada dos tipos de xuro

A sinatura de hipotecas constituídas sobre vivendas disparouse na Galiza 34,4% o pasado febreiro respecto ao mesmo mes de 2023.
Bloque de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
Agora

A compravenda de vivendas aumentou 38,4% en febreiro na Galiza

A compravenda de vivendas na Galiza subiu 38,4% o pasado febreiro, en comparación co mesmo mes de 2023, até situarse nos 2.090 inmóbeis, segundo datos publicados esta segunda feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Desta maneira, a Galiza rexistrou un incremento seis veces superior ao da media estatal. Na Galiza, 517 das vivendas comercializadas eran novas, case 46,9% máis; mentres que 1.573 eran usadas, 37% máis. Por outra parte, 2.009 tratábase de vivenda libre e os 81 restantes, protexidas.

(Gráfico: Nós Diario).
SOCIAL

Os nacementos caen en 30% na Galiza en só oito anos

Na Galiza houbo 2.170 nacementos nos dous primeiros meses do ano, o que supón 2,2% menos que no mesmo período de 2023, mentres que no Estado español aumentaron en 2,8%. Son datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que afondan nunha tendencia presente desde finais da década dos 80.
Máis de 70 persoas participaron na edición anterior realizada tamén en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

Cal é o valor comercial dunha patente?

A Universidade de Santiago de Compostela acollerá o 18 de abril, por cuarto ano consecutivo, a 'Xornada sobre patentes IP Perspectives Galiza IV'. Nesta ocasión presentarase unha ferramenta para avaliar o valor comercial das patentes co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado. 
Mateo, un bebé nado no CHUO, recibiu o pasado mes de setembro a vacina contra o virus respiratorio sincitial. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

O número de nacementos na Galiza cae 0,87% en xaneiro malia a repunta a nivel estatal

Esta cifra contrasta coa rexistrada a nivel estatal, xa que no total do Estado español no primeiro mes do ano anotáronse 27.413 nenos, 1,19% máis.

star
ECONOMÍA

A Ucgal alerta do perigo de que os salarios suban menos que a inflación

O Instituto Nacional de Estatística (INE), a través da Enquisa trimestral de custo laboral (ETCL), deu a coñecer esta sexta feira os datos salariais do último trimestre de 2023 xunto coa xornada laboral que se realiza nas empresas. En ambos os dous casos a Galiza conta cos datos negativos na comparativa co Estado español. 
Traballadoras da industria conserveira da Galiza (Foto: Nós Diario).
Agora

Os prezos industriais descenderon 2,9% na Galiza no mes de xaneiro

Os prezos industriais diminuíron 2,9% o pasado xaneiro na Galiza en comparación co mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados esta segunda feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta taxa foi inferior á media estatal, de 3,8%, e supuxo un retroceso en comparación coa baixada interanual de prezos de 5,9% en decembro. En concreto, os bens de consumo -aqueles listos para seren comprados polas usuarias finais- incrementaron o seu prezo 3,8% e os bens de equipo -aqueles que serven para producir outros bens e teñen unha vida útil longa- encareceron 1,3%. Pola súa parte, os bens intermedios -os materiais empregados no proceso de produción- baixaron 3,8%, así como a enerxía, que descendeu 10,4%. Por outra parte, o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) da electricidade nos contratos domésticos regresará a 21% en marzo. Segundo cálculos de Selectra -empresa de asesoramento enerxético-, a suba no recibo será de 7,48 euros en comparanza cos impostos de 2023 e de 4,56 euros con respecto a xaneiro e febreiro.

Buscador do portal turístico 'Booking'. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Competencia propón para Booking a multa máis grande da súa historia

O sector hoteleiro denuncia o seu abuso de posición.
Persoal traballando nun bar (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

As vendas do sector servizos da Galiza rexistran a segunda peor caída estatal

A baixada interanual da cifra de negocios alcanzou 5,1% en novembro.
Unha muller traballando nunha oficina (Foto: Tasty Content).
Agora

Descende a constitución de empresas na Galiza e medra no Estado español

As empresas creadas na Galiza en novembro de 2023 foron 324, o que supón 1,5% menos que no mesmo mes do ano anterior. Este retroceso contrasta co incremento de 6,4% na media estatal durante o mesmo período, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) esta cuarta feira. O capital desembolsado para a constitución destas 324 empresas, todas sociedades limitadas (SL), foi de 11,1 millóns de euros. Pola súa parte, as disolucións de empresas foron 123 (99 de forma voluntaria, oito por fusión e 16 doutro tipo), o que supón 15,8% menos respecto ao mesmo mes de 2022. Mentres, 92 empresas aumentaron capital en novembro de 2023, nove menos que un ano antes. Ademais, reduciron o seu capital 18, case a metade na comparativa interanual.
Tenda de Bimba e Lola en Compostela (Xoán Roberes).
ECONOMÍA

As vendas do comercio polo miúdo galego crecen por baixo das estatais

O negocio do sector medrou 3,2% en novembro.
A media salarial é máis baixa no sector servizos que nos outros (Foto: David Zorrakino / Europa Press).
TRABALLO

O salario medio galego fica máis de 200 euros por baixo do estatal

O PIB galego (+4,2%) medrou menos que o estatal (+5,8%) en 2022.
Concentración esta terza feira de traballadoras e traballadores da empresa Einsa Print diante da sede territorial da Xunta da Galiza en Ferrol (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

A crise industrial agrávase na Galiza cun novo retroceso: a produción caeu outro 4,5% en setembro

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou esta terza feira os datos do Índice de Produción Industrial (IPI) que apuntan outro retroceso anual. Os ramos máis prexudicaros foron a confección de pezas de vestir, a fabricación de bebidas e a subministración de enerxía.
Camareira atendendo un estabelecemento de hostalaría (Foto: David Zorrakino / Europa Press).
ECONOMÍA

A facturación do sector servizos galego sofre a segunda maior entre autonomías no mes de agosto

O sector servizos da Galiza rexistrou unha caída da súa facturación de 1,8% en agosto en comparación co mesmo mes do ano anterior, até 1,3 puntos porcentuais maior que o descenso experimentado no conxunto do Estado (-0,5%).
Peregrinos e peregrinas nunha ateigada praza do Obradoiro, no municipio de Santiago de Compostela no mes de agosto de 2022 (Foto: Arxina).
star
ECONOMÍA

A tensión xerada polo turismo medra ante a ausencia de datos sobre o peso económico do sector

O debate sobre as consecuencias do avultado aumento de viaxeiros e viaxeiras na Galiza non deixa de aumentar. Porén, segundo os últimos datos publicados nos informes de Exceltur, o peso económico da actividade na economía galega descendeu, mentres que as expectativas de futuro do sector empeoran.
Torre eléctrica (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

O índice galego de prezos industriais descendeu 8,5% en 12 meses pola influencia da enerxía

O índice de prezos industriais (IPRI) experimentou na Galiza unha baixada interanual de 8,5% en agosto, a segunda máis pronunciada da serie histórica. A caída no índice reflicte o descenso no sector enerxético con respecto ao mesmo mes de 2022, mais non se está a manifestar nos bens de consumo, que acumulan un total de 44 meses sen experimentar unha taxa interanual negativa do IPRI. 
Edificio de vivendas en construción na cidade de Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
star
ECONOMÍA

A Galiza lidera a caída da compra de vivenda no Estado

As operacións de compravenda de vivenda na Galiza descenderon 22,8% en xullo con respecto ao mesmo mes do ano anterior, a taxa máis alta entre as autonomías e máis do dobre que a experimentada no conxunto do Estado español, de 10,5%. Ademais, entre xullo de 2009 e o mesmo mes de 2023, tan só 4,9% do total das compravendas de casas corresponderon con vivendas protexidas, mentres que esta porcentaxe elévase ao dobre, até 9,8%, a nivel estatal.
Traballadores do sector industrial (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Os prezos industriais descenderon 7,7% con respecto aos niveis de hai 12 meses

Os bens de consumo experimentaron un incremento de custo de 8,9%.
Persoas no banco de alimentos de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Máis de 630.000 persoas están en risco de pobreza ou exclusión social na Galiza

UXT denuncia que 70% das pensións non chegan ao salario mínimo.