A facturación do sector servizos galego sofre a segunda maior entre autonomías no mes de agosto

O sector servizos da Galiza rexistrou unha caída da súa facturación de 1,8% en agosto en comparación co mesmo mes do ano anterior, até 1,3 puntos porcentuais maior que o descenso experimentado no conxunto do Estado (-0,5%).
Camareira atendendo un estabelecemento de hostalaría (Foto: David Zorrakino / Europa Press).
photo_camera Camareira atendendo un estabelecemento de hostalaría (Foto: David Zorrakino / Europa Press).

O sector servizos da Galiza rexistrou unha caída da súa facturación de 1,8% en agosto en comparación co mesmo mes do ano anterior, até 1,3 puntos porcentuais maior que o descenso experimentado no conxunto do Estado (-0,5%) e o segundo máis acusado entre as autonomías, só superado polo da Comunidade de Madrid (-7,2%).

A facturación do sector na Galiza contrasta, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) esta cuarta feira, co aumento das vendas dos servizos na Illes Balears (10,4%), A Rioxa (9,7%) e Asturias (7,3%), cos mellores resultados estatais.

Con respecto ao emprego, creceu 1% interanual na Galiza no sector servizos en agosto, 0,8 porcentuais menos que no conxunto do Estado (1,8%), no que supón o terceiro peor resultado por autonomías, pois só é máis baixo en Cantabria (0,3%) e Estremadura (0,9%). No outro extremo sobresae a suba de 5,2% no caso das Illes Balears.

O segundo peor resultado entre autonomías na Galiza no índice interanual da cifra de negocios do sector servizos en agosto deuse a pesar de que en termos mensuais, na comparanza con xullo, a caída das vendas a nivel galego (-7,4%) foi menos intensa que a rexistrada no conxunto do Estado español (-9,8%).

Comentarios