O acto foi conducido por Luisa Cuevas Raposo, en nome da asociación, quen reivindicou, non só o carácter conmemorativo da actividade, senón tamén a solidariedade con Cuba e o seu dereito a desenvolver un proxecto político, social e económico propio.
O acto de homenaxe tivo lugar no cemiterio de Santo Amaro, no barrio coruñés de Monte Alto. Alí, as persoas presentes renderon homenaxe a unha figura “referente” para o nacionalismo galego.
No 73 aniversario do pasamento de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Nós Diario conversa co que foi, durante os últimos 12 anos, alcalde da vila natal do que é considerado pai do nacionalismo galego. Adolfo Muíños Sánchez fai balance do seu mandato á fronte do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Rianxo.
Esta terza feira á tarde tiña lugar o acto de descubrimento da placa no vieiro situado entre a rúa Casal Aboy e a Avenida da Concordia que pasa agora a denominarse rúa Mártires de Sobredo.
A homenaxe do Parlamento a Carlos Casares —20 anos sen Carlos Casares— reuniu esta segunda feira na Cámara coñecidos rostros da política galega destas décadas nun coloquio en que se abordaron desde os primeiros pasos da autonomía e historias e anécdotas daqueles anos de autogoberno até a defensa de leis consensuadas, como a de Normalización Lingüística, que mostran o que se retrocedeu neste campo.
Amizades de Saleta Goi lembran en Outeiro de Rei unha muller "xenerosa e de principios éticos" e cuxo legado ficará por sempre no pensar colectivo. A Casa Museo Manuel María ficou pequena para tantas mostras de afecto.
As vítimas do franquismo nas Terras de Entrimo serán homenaxeadas mañá polo Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia, que presentará un monólito na súa memoria.